…e apareceron os irmáns Morvan
Fumos a unha Fest Noz a Saint Tugen, unha pequena aldea cunha impresionante capela, preto do Point du Raz, o espectacular cabo da estrema de Finistère…e ao palco subiron estes dous labregos de profesión, os irmáns Morvan, que levan cincuenta anos cantando estes antiquísimas cancións tradicionais. Na concorrencia, pódovos asegurar que a xente levantouse dos seus bancos, onde comiamos mexilóns e salchichas no adro, ao carón das tumbas dos antepasados da aldea, e achegouse a escoitar en respectuoso silencio, ou seguindo os fermosos, solemnes e comunitarios pasos do baile bretón.












Interesante, este otro fin del mundo.