Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

Tricio: sorpresas no interior dunha ermida

27 / July/ 2008 Un comentario


Fotos: Sole

Esta ermida, Santa María de Arcos, preto de Nájera, na Rioxa, non é o que parece. Non cando menos. En si mesma é un auténtico compendio cultural a través dos séculos. Cando Carles nos dixo que pararamos nela un minuto no noso camiño a San Millán de la Cogolla, non sabiamos ben a que se refería.

Tratábase dalgo fastuoso, o típico secreto de viaxes que está fóra do turismo de masas e que pode xustificar toda unha viaxe a un amante da arte e da historia. Porque cando entras dentro da basílica paleocristiana de Santa María de Arcos, na viliña de Tricio, de súpeto aparece algo incríbel. Isto:

Si, son enormes, desproporcionadas columnas romanas. Explico o conto. No século V, cristiáns que aínda habitaban na cidade de Tritium Megallum, da que vén o nome actual da vila, construíron este edificio como basílica aproveitando un antigo mausoleo do século III que, coma toda tumba de potentado romano, elevábase como unha alta torre sobre o contorno. Envolveron o espazo e crearon tres naves. E como? Dun templo de Apolo próximo, trouxeron estas enormes e fastuosas columnas. A altura do templo pagán orixinal era de 21 metros, pero no século V a arquitectura non estaba para tantos fastos, así que os cristiáns aproveitaron só algunhas das partes do fuste. Deste xeito, a sensación é dun enorme peso caótico. Tras isto, os visigodos realizaron unha bóveda pechando o mausoleo, na época románica vincularon con arcos as columnas, no barroco encalaron o interior, tapando unhas magníficas pinturas murais das últimas escenas da Vida de Cristo que agora se poden ver…

Este lugar é unha auténtica sorpresa no que, ademáis, pódese observar en detalle todo o proceso de evolución do monumento. Non o perdades. Aquí hai máis detalles.

Un comentario »

  • roberto gago says:

    saludos manuel gago, esa ermita significa un legado del hombre y su afan de cimentar sus creencias espirituales a traves de los siglos y que las nuevas generaciones de ciudadanos espanoles y de todo el mundo puedan ver y presenciar ese magnifico esfuerzo colectivo del
    lado humano de nuestras civilazaciones!!! felicito a los de la provincia de la rioja por su posecion y cuido. abrazos a todos!!!!

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.