Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Arquitecturas hipnóticas nas adegas da Rioxa

27 / July/ 2008 Sen comentarios

/>


Adega Ysios en Laguardia por Santiago Calatrava. Fotos: Sole


A Cidade do Viño de Marqués de Riscal por Frank Gehry.

¿Como se interpretarán no futuro estas fastuosas novas adegas de selo arquitectónico? Estas edificacións notorias nunha paisaxe austera definen os cambios no mundo do viño e na cultura gastronómica do Estado nos últimos dez anos. O edificio da Cidade do Viño de Frank Ghery para Marques de Riscal, e a adega Ysios de Santiago Calatrava son emblemas dun mundo novo: a marca, a imaxe, a presenza, o turismo, o viño que vai alén do viño, que se internacionaliza, que aspira a un espazo no territorio. O viño como poder económico crecente, que se conecta cos sectores da arquitectura de poder.

Non sei canto me acaba de gustar o miniGuggenheim de Frank Gehry; a Ysios de Calatrava impactoume máis. Solitaria, nun espazo limpo, dialogando coas súas formas ondulantes co horizonte da Serra de Cantabria.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.