Destino BZH

24 Xullo, 2008

Este ano, apetecíannos unhas vacacións un pouco diferentes. Así que decidimos ir a un país costeiro, con lingua de seu, con catro provincias, cunha costa de fermosas e tranquilas rías e agrestes cantís, e cun interior de granxas, aldeas e cheiro global a vaca. Un país no que o calendario festivo para as vindeiras semanas inclúe a Festa da Vieira, a Festa do Mexilón, a Festa do Longueirón. No turismo cultural, recomendan encarecidamente achegase ata a rexión de Finistere e facer a ruta dos cruceiros e das parroquias. Un dos pratos nacionais, por certo, é a caldeirada de peixe, ademáis das filloas. Son uns flipados do porco, e os maiores produtores en Francia da súa carne e embutidos. Ah, non hai como descubrir culturas exóticas!(suspiro).

Así que nos imos a Breizh, a Bretaña, uns días. Agradeceriámosche moito recomendacións da zona: comidas, lugares, monumentos, durmidas, etc. Marchamos mañá pero nuns días, en Nantes, consultaremos tamén o correo. Escribe a túa opinión nos comentarios ou envíame un correo a magago@gmail.com.

{ 12 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Miguel Vila (Colineta) 24 Xullo 2008 at 3:25 pm

Leva contigo “As crónicas do Sochantre”, de Álvaro Cunqueiro. E xa contarás.

2 saomai 24 Xullo 2008 at 4:05 pm

Nantes, visitade o museo de Xulio Verne
E para o Mont St Michel ide ben cediño ou cando xa anoitece.
Carnac, para flipar.
Ostras, mexillons e crepes a morrer.

3 Gourmetdeprovincias 24 Xullo 2008 at 9:57 pm

Teño boas referencias do l’Atlantide de Nantes, http://www.restaurant-atlantide.com. E, de camiño para arriba, do Richard et Christophe Coutanceau, en La Rochelle (2 estrelas, tirando a clásico e hiperfrancés). http://www.coutanceaularochelle.com

Como alternativa a Roellinger, se non é posible a reserva, tamén está no norte de Bretaña Olivier Bellín, que estivo no Forum. O seu local é o Auberge des Glazicks, en Brest. http://www.auberge-des-glazick.com

Boa viaxe e xa contaredes.

4 magago 25 Xullo 2008 at 12:02 am

Grazas! Roellinger, por certo, xa está reservado e ben reservado.

Un detalle curioso é que estiven vendo un aloxamento nunha granxa que seica é famosa en toda Francia polo seu “potée” tradicional, que é un cocido coma un mundo feito na lareira da familia, con algunha curiosa variante. Pero non pasaremos por alí.

5 reflexf4 25 Xullo 2008 at 9:45 am

As ostras penso que van dende aqui , da Ria da Arousa, asi que boo proveito.

6 suso rubio 25 Xullo 2008 at 1:38 pm

Non sei se recomendarche Vannes no sur porque está claro que estás buscando exotismo e seica ten parecido coa arquitectura galega civil…e sabendo a túa servidume proba un doce bretón en Concarneau…

PD Saomai recoméndache o celébre Mont St Michael pero debería lembrar que aínda que perto da Bretaña, realmente está na Baixa Normandía

7 magago 25 Xullo 2008 at 9:50 pm

Suso, se buscara exotismo próximo iríame aos Balcáns ou así, este post é puramente irónico… A segunda parada da nosa viaxe bretona será próxima a Vannes ;-)

8 magago 25 Xullo 2008 at 9:51 pm

Miguel, o texto de Cunqueiro aínda cobra máis graza porque penso que o escritor nunca estivo na Bretaña…

9 suso rubio 26 Xullo 2008 at 12:22 am

obviamente eu tamén ironizaba ;)

10 Xavier 28 Xullo 2008 at 9:13 am

Efectivamente, Cunqueiro antes de escreber o libro non estivera xamais en Bretaña e serviuse da Guía Michelín. A Cunqueiro sobraballe imaxinación …

11 antoñico palotes 30 Xullo 2008 at 2:11 pm

aproveita e vai a:
st malo, combourg, carnak cas suas pedras, Vannes e Vitre entre outras. :p

12 massitios 31 Xullo 2008 at 8:52 am

Manoliño, pegoche unha lista de lugares para que busques polo google:

Sant Michel Dinard, St. Malo,(la ciudad corsaria) Dinand, Josselin, Rochefort en Terre, Malestroit, Ploermel,Paimpont,(bosque de Brocelandia, Monteneufcon, Auray, Sante Anne D’Auray,Quiberon, (Costa Salvaje) Carnac con alineaciones s, Vannes, Brest, Cancale, Cornuaille, PontAven Quimper y Concarneau (ciudad fortificada las peninsulas de Sizun y Crozon, la Punta de Raz, Al norte de Rennes: ruta de los Abers, Plougastel , Pleyben. Fougueres, Morlaix, Locronan, Vitre, perros-guirec (acantilados de granito rosa)

E se vas a voltar en coche por francia: pasate por Saint Emilion que ali tes moito viño.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>