Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Notas arqueolóxicas

Doar a miña caluga á ciencia (por esta semana)

22 / July/ 2008 4 comentarios


Xurxo Salgado, eu e Xurxo Ayán baixando niveis en Neixón Pequeno. Fotos: Sole

Supoño que isto son vacacións, ¿non? Levantarse ben cedo pola mañá, e conducir ata un dos lugares nos que se escribe a historia deste país a cavar ao sol durante unhas cantas horas, ofrecendo á ciencia (e sobre todo a este cruel solleiro) as nosas humildes calugas pouco protexidas. Si, o equipo de arqueólogos dirán que son un esaxerado e un pouco flipado pero, ¿que queredes que vos diga? Na cadrícula de excavación de Neixón Pequeno na que temos a sorte de excavar ao carón dos arqueólogos do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do CSIC -Instituto Padre Sarmiento, pódese ver, aínda coa terra fresca e recén exhumada, unha cabana de postes antiquísima, feita de barro, do século VI ou VII antes de Cristo. Estes postes, ese fogar no que aínda se perciben as trazas da actividade do lume, é unha das vivendas máis antigas que conservamos no país e dela saíron abondosos obxectos.


Un fermoso colgante de pedra saído da cabana de barro

Durante esta primeira semana de vacacións, destaparemos parte da historia nos vizosos castros de Neixón, na parroquia de Cespón, en Boiro. Nesta fermosísima península do fondo da Ría de Arousa na que conviven ao carón un do outro dous castros -a relación entre eles aínda non está completamente aclarada polo científicos-, o nordés sacúdenos ben e énchenos de terra ata os poros do nariz, o sol queima as calugas e as pernas, pero de cando en vez aflora un anaco do pasado e o poeirento traballo cobra sentido. A poucos metros da nosa cadrícula, Cuevillas e Bouza Brey confirmaron antes da Guerra Civil o contacto dos nosos castrexos con remotas rexións do mundo mediterráneo: nunca estivemos illados, parece ser a lección da Historia. En Neixón Pequeno, o cronograma baixa ata a Idade do Bronce, unha etapa bastante descoñecida do noso pasado.


María cóntanos as súas historias: é pura antropoloxía popular

O próximo obxectivo -creo que os profesionais xa lle deron duro hoxe á tarde-, é esta gran casa castrexa, que hoxe pola mañá comezou a aboiar na terra como os madeiros dun buque naufragado. Ten sobre uns seis metros de diámetro. ¿Que haberá no seu interior? Mañán volo conto.

Nota: paga a pena visitar o blog do xacemento.

4 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.