Ando tan liado estes dÃas (peche de proxectos, conferencias en cursos de verán, redacción de memorias, finalización de prazos, persoal en cadro, o verán laboral é totalmente estresante) que non hai tempo nin para actualizar o blog, mesmo nin para pechalo durante o verán, que é o que vou facer no vindeiro post. Pero quero contar tres cousas estupendas que me pasaron esta semana:
1. Tapeo. Fun membro do xurado de Santiago(é)Tapas, o concurso de tapeo de Santiago de Compostela. Dúas intensas tardiñas cun estómago todoterreo, catando tapas por toda a cidade, nalgúns bares que nin sabÃa que existÃan, e iso que pensaba que estaba enterado. Un pouco de todo: clásicos e innovadores, estridentes e contidos, sabrosos e excéntricos, mediocres e excelentes. En xeral, un nivel máis que aceptábel, gañas de facer cousas e os compostelanitas, por todas partes, facendo rutas e enchendo tapasportes.
2. Subida aos montes de Sabucedo. Sábado que parece luns. O sábado comezou cun madrugoncÃsimo para subir aos montes de Sabucedo a coller as bestas e baixalas á vila. Bueno, a acompañar aos que o Ãan facer. Tras unha mañá ata enteira ata o Peón -ambientazo paisano no medio da nada, con empanadas, cervexas e moita cabalarÃa entre os toxos-, baixada a todo correr ata a aldea para coller o coche e…

Foto: Sole
3. Ledicia na Solaina de Piloño… facer o rally do viño tinto (é como lle chama meu pai cando vas con presa polas pistas do rural) para chegar a comer a unha hora decente á Solaina de Piloño, o centro de arte rural de Paco Lareo, convidados por Paco Penas de Dorvisou e o propio Paco Lareo para un xantar de amizade con outros blogueiros, como MartÃn Pawley, Dorfun, Mario Regueira ou Lorena Souto. Foi, para min, un xantar memorábel e divertido nun sitio que quero e no que me sinto cómodo, un ateneo do rural como deberan existir moitos por todo o paÃs, cunha conversa intelixente e divertida ao redor da empanada de Vila de Cruces e o churrasco. (¡Moitas grazas polo convite, foi unha honra!)
4. No curro. Ao rematarmos, rally do viño tinto de volta para chegar a tempo a Sabucedo, a ver o espectáculo da Rapa. Sole aÃnda volveu e pasou todo o luns cos aloitadores. Teño pendente un texto e un vÃdeo do ciclo dos cabalos de Sabucedo (que dicir de novo, cando deste lugar xa escribiron tantos e tan ben!). Entrementres, aquà quedan os seus aloitadores, xente brava e valente, propietarios e promotores dun sofisticado e complexo ritual cultural de iniciación á vida e de irmandade. O luns, con dous curros xa ás costas, tabiques rotos, puntos na cabeza, costelas magoadas, pés dobrados, os aloitadores de Sabucedo, Raúl, Santy, Vicente, Roi, Michel, Henrique, Paula…e outros seguÃan domeñando cabalos bravos da serra como se niso fora toda a súa vida, cun orgullo cultural que pon os pelos de galiña.




Fotos: Sole

Tamén foi un pracer pola miña parte. A nosa tarde foi menos movida, visitando escritores de Gres e paseando polas Ãnsuas do Ulla. Aver se coincidimos noutra :-)
Pois a verdade é que chegástedes a Piloño inspirados. Menuda letanÃa, aÃnda a estas horas teñen que estar as esculturas da Solaina traducindo do latÃn.
Se queres saber algo máis pásate polos videos de pawley.