Come e Fala, novo programa gastronómico na Radio Galega

4 Xullo, 2008

Pois todos os sábados, de 13 a 14h., directamente co vermú, na Radio Galega poderás escoitar Come e Fala, un programa de gastronomía con noticias, curiosidades, entrevistas, recomendacións, propostas, historia culinaria, cinema gastronómico… O programa diríxeo o xornalista Iván Piñeiro e nel colaboraremos Xavier Castro, catedrático da USC e, sen dúbida, un dos mellores ensaístas gastronómicos deste país e máis eu, que estarei de tertuliano, traendo cousas frescas que atope por aí á conversa. Eu participarei unha de cada dúas emisións -as fins de semana hai que descansar algo, cando menos!-. En canto teña a ligazón para escoitar en diferido os programas tamén a colgarei aquí. Quedades convidados e convidadas a escoitarnos!

.

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 PabloV 7 Xullo 2008 at 12:40 pm

non vas dar abasto manolo!

non nos vaias descuidar agora as reportaxes dos fin de semana pola galicia adiante ;-D

2 magago 7 Xullo 2008 at 11:29 pm

Procuraremos que non! :-)

3 roberto gago 9 Xullo 2008 at 1:29 pm

me parece excelente esta inciativa de divulagacion del conocimiento de la CULTURA GALEGA, ademas unos de los anfitriones XAVIER CASTRO se las trae!!! felicitaciones manuel!!!!!!

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>