Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Analfabetos topográficos

1 / July/ 2008 4 comentarios


Membros do equipo de investigación en Los Narradores del Caraguatá

Durante os últimos douscentos anos, a historia de Uruguai foi a da colonia, a da emancipación, a das guerras civís e internacionais. Unha historia de brancos, para brancos e contada por brancos, no que o territorio só existira a partir da chegada dos españois e o anterior foran sombras salvaxes, exterminadas fisicamente, ademáis, en datas recentes, na década de 1830. E foi así ata os anos 80.

Daquela, no país comezaron a investigar os cerritos, o resto das poboacións indíxenas que viviran en Uruguai desde hai 5.000 anos. O principal tipo de restos son unha sorte de mámoas, empregadas como enterramentos, pero tamén como vivendas, chamadas cerritos. En Uruguai, ano 2008, están comezado a descubrir o seu pasado milenario, negado pola política, a ideoloxía e o racismo. Camila Gianotti, do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do CSIC en Santiago, leva varios anos dirixindo campañas de excavación nos cerritos, recuperando unha memoria que non existía. “Os cerritos son memoria social, unha liña que conecta o pasado co presente. Os cerritos non son un cambio da paisaxe e da natureza, senón na concepción do tempo”, afirma unha arqueóloga no trailer do documental que o equipo de arqueólogos e Antrosvisuales Producciones, unha produtora local gravou na zona. Outro arqueólogo, no campo de excavación:

“A xente vive nun lugar do mundo, e ten dereito a sentirse ben nel. Cando o coñece, sabe onde está, séntese máis digna. Cando descubre que é o continuador dunha historia milenaria, sente outra cousa, non se sinte olvidado da capital. A historia esta que temos en Uruguai é unha historia de institucións, de batallas, de familias. Agora é de partidos políticos. Vai ter que vir alguén e patear todo isto”

Quedeime pensando no que nos acontece nos últimos anos cando vou polas aldeas e tentamos localizar un lugar, un outeiro, un castro, un penedo. Fuxo dos adolescentes das aldeas modernas como da peste: non teñen nin idea do seu contorno. Son analfabetos, iletrados topográficos, desvinculados xa do espazo agrario, social e case comunitario do que viven, excéntricos con respecto aos institutos ou vilas ao redor das que xiran. Non lles avergonza nada recoñecer que non coñecen nada do que lles rodea: encóllense de ombreiros e mírante con cara asombrada. Ata certo punto é lóxico: ¿que valor ten para eles? Pero non pensemos no discurso do bo indíxena. Somos todos responsábeis da nosa epidemia de desmemoria.

Cando deixas de asignar nomes ao espazo, xa todo dá igual, o contorno deixa de asumirse e o que lle aconteza dá igual. Ao escoitar ao arqueólogo dinme de conta do que significa esencialmente a memoria topográfica: unha forma poética e instrumental da liberdade e da independencia colectiva.

4 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.