Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co, Roteiros

O sol das lecturas

30 / June/ 2008 2 comentarios

¿Onde está o pracer da lectura? Eu son dos que creo que parte do pracer do acto de ler repousado está no espazo no que un se adica ás lecturas. A min os días de sol provócanme unha fame inesgotábel de ler. Leo na casa, á tardiña, cando xa o sol vai desaparecendo tras dos tellados de Compostela. Leo na praia, na herba, sempre en posición horizontal. Para min a lectura é un acto íntimo, pero disfruto moito máis dela cando pega sobre o libro un raio de luz e podo disfrutar en posición horizontal. Decátome de que nunca, nestes trinta e dous anos recén cumpridos, fun quen de ler un libro de ficción ou, simplemente, de desfrute de pasatempo, doutro xeito que en posición horizontal, deitado sobre algo brando, deixando pasar as horas.

O sol. O motor das miñas grandes lecturas.

Caemos pola costa de Couso, con este sol eterno, tras un serán na praia do Vilar. As praias, os labirintos de cons, as pedras marcianas, os misterios da historia que aínda fican neste litoral. O polbo de Aguiño, nestas rúas silenciosas, está delicioso cando se pon o sol. Eu creo que sei en que consiste o polbo de Aguiño, que vive nos outeiros rochosos do mar que van desde a Cobasa ata Sálvora. É máis pequeno, de sabor máis concentrado, un loitador rabudo nas pradeiras salgadas de Arousa.

2 comentarios »

  • eu says:

    Pois aproveito este post para pedir, solicitar que nos contes un pouco qué les!!! Ultimamente moita crítica gastronómica, pero pouco de lectura e… bótase en falta!!!

  • magago says:

    Pois si, ando a ler dúas cousas francesas estes días: Hergé, unha biografía escrita por Pierre Assouline (por certo, un dos blogueiros de máis sona de Francia) e A vida: instrucións de uso, de Georges Perec. Xa contarei por aquí.

    E, por certo, tamén acabo de rematar algo gastronómico, La cocina al desnudo, o polémico último libro de Santi Santamaría. Este tamén terá o seu post, non podía ser menos!

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.