
Fotograma de Lovely Head
Robert Hodgin é un destes fenómenos creativos que se están atrevendo a meter a programación e o código ata o patio traseiro da arte, confundindo todo e facéndoo un barullo creativo que non sabemos onde irá a parar, pero seguro que a un porto máis interesante e divertido que este no que estamos. Parte da súa experimentación está facéndoa con Processing, un contorno e unha linguaxe de programación open source destinada a xente que queira programar imaxes, interaccións ou animación, e coa que se fan cousas tan xeniais como este sol celular sincronizado co tema Lovely Head de Goldfrapp.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario