Merlos albinos e exploradores robóticos no novo blog de Axena


Un merlo albino en Lalín. Foto: joseluis

O meu primeiro aporte ao noso blog“, afirma José Luis ao postear esta foto dun merliño que saiu a este mundo como albino parcial en Lalín, “é para amosar a todas as persoas que entren no blog que non fai falta irse a bosques perdidos ou a minas escuras e húmidas para ver animais que poden ser espectaculares“. José Luís é un dos membros de Axena (Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza, que acaban de facer público o seu blog -en castelán, para dirixirse a unha audiencia de ámbito estatal. Mentres, Xurxo escribe noutro post outra das ideas que se desenvolverán no blog nos vindeiros meses:

“Como boa parte dos proxectos este xurdiu nun bar. A idea era clara, non se sabe practicamente nada da arquitectura dos tobos dos carnívoros silvestres (raposo, teixón, lobo…), pero ¿como poder saber máis? Tras comentar estas cuestións, Jota desenvolvía as súas ideas nas servilletas entre cañas e licores café. ¡Neses momentos estábase a crear un robot (made in Galicia) con intelixencia artificial para o estudo e a conservación da natureza!”

Chamáronlle O Bicho. Unmanned Exploration Vehicle, e pódese ver o funcionamento, internándose nun tobo de mamífero, neste vídeo:

O blog de Axena achegará información das actividades da asociación, pero tamén aspira a incluír moita información sobre proxectos de investigación e iniciativas conservacionistas de ámbito galego, estatal e internacional, así que haberá que seguilo con detalle. De momento, e antes de empezar, parece que xa vai haber unha sorpresa moi interesante. Pero disto xa vos contarei cando se confirme. ;-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará