Moodstream, unha aplicación para inspirarse

11 Xuño, 2008

Vexo Moodstream en Getty Images:

Moodstream é unha poderosa ferramenta de brainstorming deseñada para levarte en direccións inspiradoras e inagardadas. Tanto como se queres imaxes, video ou audio, ou se precisas unha corrente de ideas frescas, move os deslizadores de Moodstream para crear unha nova paleta creativa próxima a ti.

Non sei moi ben que pensar desta aplicación de Getty Images. Ultimamente na rede están aparecendo uns cantos servizos de relaxación en liña que pinchan algo de música tranquila con imaxes agradábeis, pensados para reproducir en pantalla completa, e o MoodStream parece ir nesa liña. O problema que lle vexo é, por exemplo, que os cortes de audio son moi reducidos como para empregalo de música ambiental e a inspiración… ¿de onde virá esa inspiración?

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>