
Os campionatos de fútbol son un importante revulsivo de audiencia para os cibermedios, así que sempre é interesante ver de que xeito tratan as retransmisións dos partidos. O máis significativo do modelo deste ano é a existencia, xunto á xa tradicional retransmisión en modo texto, dun fluxo continuo tamén dos lectores, en consonancia cos tempos. Aínda así, o que máis me gustou foi este gráfico actualizado en tempo real de El País na páxina da retransmisión do España-Rusia. Representando un diagrama no que a escala vén determinada pola proximidade do balón á portería e as oportunidades de marcar gol, permite localizar os momentos máis relevantes do partido e, desde cada un dos fitos, acceder á entrada da retransmisión correspondente a ese momento. É unha interesante traslación de modelos gráficos habitualmente empregados para o sector económico ao campo deportivo.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario