Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Cetreiros e rapaces na Pobra do Caramiñal

10 / June/ 2008 3 comentarios


Unha aguia de Harris sobre a Devesa. Fotos: Sole

Cando entras no xardín traseiro da casa de Fran González na Pobra do Caramiñal hai un montón de ollos esculcándote curiosos, con enormes e dilatadas pupilas. Un enorme corvo, algúns falcóns peregríns, a enorme aguia esteparia, un soturno bufo real, xerifaltes, unha curuxa…Fran é o propietario de Falcóns de Galicia e ten de profesión unha das máis vellas e con máis solera do mundo, a cetrería. Falcóns está a traballar cos mozos de AXENA nunha técnica de filmación subxectiva do voo das aves rapaces, así que aproveitamos unha visita de traballo -buscaban o mellor xeito de colocarlle ás aves unha microcámara de ao redor de 50 gramos de peso que retransmitira o seu voo-, para acoplarnos e coñecer máis sobre este mundo, que a min me fascina pero sempre vin desde lonxe.


A Aguia de Harris e dúas fotos dun xerifalte (cruzado cun falcón sacre). Fotos: Sole

Con Fran saímos a dar unha volta para voar algunhas das súas rapaces e comprender as súas evolucións no aire e como estas poden afectar á instalación das microcámaras. Primeiro voou un fermoso paxaro que é un cruce entre un falcón sacre e un xerifalte, a mestura máis cobizada polos xeques de Arabia Saudita que os mercan a Fran e a outros cetreiros europeos. Logo un falcón peregrino. E por último unha aguia de Harris. Aquí está un vídeo que gravamos co voo do xerifalte e da aguia de Harris.

Pasoume toda a mañá voando (nunca mellor dito), aprendendo e fixándome nos matices complexos da arte da cetrería. Paxaro e coidador non se perden ollo, en todo o tempo, son todo un. O cetreiro é como un espía, que ten un ollo en ti e outro explorando os céos e as árbores. Parecen condenados a estar unidos. Agora ben, tamén vin como en realidade esa ave non está domesticada, non ao completo; seguen sendo libres e, o que é máis, moi impredecíbeis e cunha forte persoalidade e albedrío. Poden batirse no aire contra un cernícalo salvaxe, pasar de ti e voltar ao refuxio e atacar aos seus compañeiros, seguirte mansamente, desaparecer durante dous días. Un ten a sensación de que a relación dos humanos só funciona a un nivel moi superficial, pero que ese animal segue sendo tan libre coma os seus propios voos. Fran falounos das súas personalidades, que chega a coñecer ao detalle. Ás aves que pasan a súa vida pechadas nun cuarto e que rematan por volverse tolas. Ou os lentos procesos de acomodarse ao voo en semiliberdade.

O momento máis espectacular, para min, foi a chegada do Harris, da aguia de Harris. Con el entramos no bosque, como podes ver no vídeo. Este bicho é un auténtico can con alas. Estremadamente fiel. O máis recomendado para os que se queren iniciar na arte da cetrería. É unha pasada ir polo bosque e ver a ese tremendo animal seguirte mansamente, pousarse -ata parecer que xoga- entre a herba, deslizarse no voo entre as ponlas do bosque cunha enorme precisión e aparecer como unha figura mitolóxica entre a espesura verde, de súpeto.

Aquí algunhas fotos máis dos animais de Fran:


Unha aguia esteparia. Fotos: Sole


Unha preciosa curuxiña.


Un autillo.

3 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.