Servando Barreiro: ética hacker para explorar novos campos no vídeo e na música

7 Xuño, 2008


Servando Barreiro experimentando.

Encántame o traballo de VJ (visual Jockey) que fai Servando Barreiro desde que entrou na súa nova liña experimental, que pasa por combinar dúas poderosas ferramentas: a filosofía hacker e o open source, para inventar dispositivos de hardware que permiten novos xeitos de pinchar, de relacionar audio e vídeo. O certo é que non tivera tempo de falar con algo de calma sobre estas posibilidades ata o venres, que mantivemos unha conversa por Skype Vídeo, el en Berlín -onde marchou canso de precariar aquí e buscando un lugar no que as súas inquedanzas encaixaran- e eu en Santiago.

O resultado podes velo aquí, nesta skype-entrevista que gravei. Flípame usar o skype para entrevistas: dan un novo sentido da autenticidade. Servando está na rúa berlinesa, e anoitece, e segundo vai anoitecendo, a luz da súa cara cambia iluminada pola pantalla do portátil. Pura comunicación. No vídeo falamos sobre hacking, amósame en detalle os seus dispositivos e próbaos (a partir de 4:20, mírao se tes un momento libre!), conversamos sobre a relación entre arte e tecnoloxía e os seus…novos proxectos de hacking cerebral.


Servando Barreiro explícanos as novas ferramentas de VJ desde Berlín from manuel gago on Vimeo.


Notas técnicas:
Gravei o vídeo con Supertintin Webcam Recorder for Skype. Na súa versión gratuíta só permite gravar cinco minutos de continuo, así que hai que estar pendente e parar a conversa uns segundos antes e retomala na nova gravación. O Supertintin grava nun codec mp4 raro que me deu moitos problemas, pero conseguín editalo co Power Director Express (grazas, Luís!). Como ves, hai un problema serio co meu audio, que chega de retorno, pero non me din de conta do tema dos cascos: soluciónase facilmente se tanto entrevistador como entrevistado teñen postos uns auriculares. Outra recomendación importante: o Supertintin grava só un stream de vídeo, así que se queres que o entrevistado te vexa tes que lanzar a túa webcam só despois de comezar a gravar. Eu non o fixen e como podedes ver, Servando moitas veces non sabe onde mirar.

Aínda así, o formato entusiásmame. Xa vos adianto que farei algunhas entrevistas máis.

.

{ 7 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Cruxens 06.08.08 at 1:32 am

Moi boas!. Moi interesante a entrevista, así como tamén os proxectos de Servando. Agardardarei con impaciencia a seguinte.
Un saúdo e aburiño!

2 _blank 06.09.08 at 9:41 pm

Moi ben! Moi interesante, e a pesar das complicacións técnicas vese e escoítase bastante ben, que é o importante :)

3 X 06.13.08 at 9:36 am

Tiña pensado escoitala mentres facía outra cousa pero ao final nin pestanexaba. Non sei se para os entendidos, desde logo para unha profana coma min resulta súper interesante.
Como os demais, agardo as seguintes entregas. Parabéns.

4 magago 06.13.08 at 5:23 pm

Si, o certo é que é cautivadora. Servando e os seus trebellos teñen a capacidade de fascinar.

5 Marcos 07.06.08 at 12:34 pm

A verdade e que non teño moito máis que dicir sobre este tema Manolo. Somentes e a miña impresión formada a través dos traballos que vin del. Só me queda desexarlle o mellor na súa loboura profesional e ogallá teña que dirixirme ó teu blog de novo para dar unha opinión máis positiva sobre o seu traballo. Gracias e PERSEVERANCIA para ti Servando VJrreiro. Saúdos ós dous.

6 Marcos Varela 08.20.08 at 4:17 pm

ESTE É UN POST QUE PUBLIQUEI NESTE BLOG O 4 DE XULLO DE 2008, AINDA QUE NA SECCIÓN ERRADA PORQUE COMECEI FALANDO DE COCIÑA E REMATEI POR DAR A MIÑA OPINION SOBRE ESTA ENTREVISTA. DESPOIS DE QUE UNHAS CANTAS PERSOAS QUE OPINAN COMA MIN ME ANIMASEN A FACELO PEGO DE NOVO O POST AQUÍ POR SE A ALGUÉN LLE SERVE DE ALGO

Hola Manolo!,
Estíven ahí atrás en Compostela e preguntábame como era que pechara ese sitio. Xa é mala sorte -pensabe eu-. cando por fin me decido a ir a ese restaurante e o atopo pechado.
Gracias polas tuas recomendacións gastronómicas. Paréceme unha boa iniciativa.
Tal vez che interese o blog dun tipo que coñecín en Nova York. Un tal Carballada. De orixe galego, pero residente na Cidade Condal. Este tipo tamén comenta a diario os restaurantes que visita. Fala tamén de tecnoloxía e outros trevellos, tamén e outro afeizoado á fotografía. Que por certo, o outro día falou dun cacharro chamado Arduino, unha plataforma de hardware de fonte aberta baseada en entradas e saídas analóxicas e dixitais dende o que podes controlar unha morea de cousas, como regar as túas plantas como ben di o amigo Carballada. (www.carballada.com) Coméntocho porque o outro día recomendado por un amigo vin a entrevista a Servando Barreiro e observei que ficabas abraiado coa controladora montada sobre a tarrina de cd´s. Quería comentar que ese trebello está ó alcance de calquera. Cuns mínimos coñecementos de electrónica e materiais de baixo coste adquiridos en ebay, calquera pode montar ese artiluxio. Un dos meus meios irmáns construiu a partir deste sistema un proxector de visuais laser. ordena dende a súa computadora que o laser faga os debuxos que lle veñan en gana. A min o trevello de Servando paréceme un cutrada. Só ese punto friky que ten me causa algunha simpatía. En canto a súa carreira como VJ, paréceme igual de cutre. Non me parece que aporte nada novo. O seu traballo paréceme un grab & remix malo de outros VJ´s. Non sempre é de abondo manexar o software necesario para controlar eses efectos visuais. O que diferencia a bo arista visual, por chamalo de algún xeito, é a capacidade de crear, cousa da que, ó meu entender e con tódolos respetos, Servando carece. Non sei se me explico. Quero dicir que non é de abondo coller un feixe de imaxes tipografias, efectos.. e deixar que as máquinas as disparen de xeito aleatorio. Creo que o creador ten que meter máis man nos resultados para que se poidan catalogar de creación visual. Ti que ven coñeces “Procesing”, como puiden comprobar nalgun outro artigo teu, sabes que é un deses programas que permite poñer da túa man tódolos parámetros que compoñen a túa creación, e por tanto unha gran ferramenta para estes menesteres. Se queres coñecer a un VJ de verdade, un auténtico creador de corte galego afincado en BCN tes que coñecer a Anxo Amarelle, máis coñecido como RECWIND. Ese si é un verdadeiro artista visual, cun gusto impecable e universal. Este individuo controla moi ben o medio porque ante todo é un deseñador gráfico. Poderíamos dicir que unha das súas producións visuais son un conxunto de deseños individuais. Unha grancreación gráfica, pero en movemento.
Para min Servando Barreiro dista moito de ser un artista visual, pois carece, ou polo menos ata o de agora, e sempre baixo o meu criterio, da capacidade de crear algo propio. Só que moitas veces a ignoracia da xente que descoñece os medios visuais potencia que a meros experimentadores se lles poña a etiqueta de artistas. Non digo que este rapaz non teña coñecementos ou que non chegue a ser alguén neste eido, pero dende logo quédalle un longo percorrido antes alcanzar o título de artista. Para min este título é un recoñecemento a unha traxectoria, aunha evolucion artístico-emocional ó que se chega ó longp da vida e que moi poucas veces, e é evidente que non estamos ante este caso, nace un Mozart ou un Einstein.
Por outra banda isto da arte e moi subxetivo, onde uns ven arte outros non vemos nada. Quen marca as pautas ou os criterios para dicir qué é arte e qué non o é?. Teño que dicir que estiven a traballar moi de preto no mundo das artes. Concretamente ás ordes de David Barro un recoñecido crítico e curator de arte contemporánea (www.davidbarro.com). Traballei para él na edición dunha revista de arte comtemporáneo con distribución a nivel planetaria chamada Dardo Magazine (www.dardomagazine.com) e alí coincidin con diferentes artistas de disciplinas moi diversas. Coñecín de todo: xente que me gustou moito, e que influiu na miña forma de facer fotografía ou que me sentín identificado con él como Daniel Blaufuks (www.danielblaufuks.com) e outros que non me gustaron nada en absoluto dos que non vou a falar.
Este mundo da arte ten un tufillo elitista que non me mola un carallo. é un circuito pechado. Funciona moito co “el amigo del amigo” “y todos somos la cuchipanda super chachi donde nadie puede entrar”. É dicir uns teñen a potestade de encumbrar ou soterrar ós potenciais artistas e a parte que máis “mi dispiace” de todo isto é que entre os críticos abonda moito o do colegueo e o quedabenismo, así coma “chuparse las p…s los unos a otros”.
Un exemplo e continuando co amigo Servando… a este rapaz vinlle, unha carallada que leva por nome “Dicotomía”.. estaba entre as paredes do MARCO de Vigo e rodou tamén polo Raíña Sofía. A min, persoalmente pareceume un desparrame edonista e simplón donde o “artista” se luce maltocando a guitarra e outras parvadas ás cales non lle encontro outra gracia nin arte que ese halo friki que rodea a este persoaxe. E fíxate Manolo que estaba no MARCO e no Raíña Sofía. Pois ben non se lles fai ningún favor a estas persoas converténdoas en artistas por un dia, ou o que dure a exposición en cuestión porque confunden ós verdadeiros creadores e consumidores de arte.
Sinto ter que dicilo, pero isto da arte vai por clases e sen duda está moi relacionado co nivel intelectual das persoas e por suposto coa sua sensibilidade emocional transformada en artística.
É xa rematando coa miña crítica a Servando Barreiro, tamén teño que dicir que a súa faceta como sonidista tamén deixa bastante que desexar, pois tiven a oportunidade de traballar con él nalgunhas producións cinematográficas de baixo presuposto. Ainda que poida que esté errado a culpa realmente sexa dos baixos presupostos e non do técnico en si. Ainda que defendo que un bo profesional debe saber sacar con moi pouco moi moito.
Pásalle o mesmo como DJ, ten os coñecementos técnicos para sacarlle bo paratido a unha mesa de mezclas, e por suposto, sabe mezclar os temas, pero volve a haber un grandísimo erro de base, o gusto musical, os temas que selecciona son noños e tampouco sabe conducir ós audioespactadores a ningures, que esa é a maxia dun bó Dillei, que te transporte a estancias onde os teus sentidos non estiveran antes.
Eu que dediquei grande parte da miña adolescencia ó dilleiismo co que financiaba os meus estudos e outras parrandas nunca me caractericei por ser un tipo moi técnico á hora de mezclar ou equalizar, pero si podo decir que as miñas sesións descargaron fortes doses de hipersensorialismo e somentes por iso por afinar na selección musical e no seu orden de execución.
Ata para reciclar hay que ter clase e gusto. Poño o exemplo de Cunningam no meu blog (www.marcosvarela.wordpress.com), de que se pode facer con moi pouco e reciclando outros materiais xa creados.

AHÍ QUEDA ISO. Espero non crear mal rollito na miña primeira incursión no teu blog, pero para iso están estes inventos non?…para meter caña. para dicir o que un pensa e que todo fique globalizado
PARABENS MANOLO pola túa labor de difusión cultural. ATA MÁIS VER, LER OU OUVIR!!!

7 servando 08.27.08 at 6:01 pm

Hombree Marcos… Canto fai xa que non nos víamos, 5, 6 anos?

Por favor, dime cales son eses materiais de Ebay, por que non me gusta facer o parvo, e se xa existe un interface open hardware de 6 entradas analóxicas, 4 dixitais, plug n play e multiplataforma por debaixo de 25 euros, deixarei de deixarme os ollos soldando microcontroladores de 32 patillas nun cm cadrado..

Considero un pouco inxusto que digas que o meu traballo visual e un cortapega e que critiques negativamente algo que descoñeces porque realmente como Vj profesional (moby, ellen allien, sascha funke, fangoria, dj hell……) só levo 2 anos e salvo que tí estiveses ahí entre o público, a verdade e que non viches nada, porque nada hay “colgado” . A arte do Vj é arte “efimero”, hay que estar ahi pra vela e creo que ti tampouco estabas cando fixen visuais na NAsa ou no Modus vivendi:
Pero o noso amigo Manuel, si que estaba pra contalo…

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/04/18/servando-barreiro-un-bucle-de-transitos/

Non vexas que sorpresón cando descubrín o post ..

Porsuposto, naquel ano 2000 no que coíncidimos en ortigueira, na miña primeira sesion como “”"”vj”"”" Non utilicei material propio, obviamente, hoxe en dia, ningunha “empresa” ou colega “vj” me chamaría para traballos potentes se utilizase os clips que veñen por defecto nos softwares “estandar”.
eu pra curarme en saude e tamen porque sí, porque son un “geek”
customizei a miña ferramenta de software pra facer visuais, ademais de a miña controladora midi con sensores..

Xa non uso processing porque: “People of python hates Java, people of java ignores that python exist”.

Tes razón, “dicotomía” non é un traballo do que me sinta orgulloso pero en todo caso, me pedíron unha e outra e outra vez permiso pra proxectalo e movelo por diversos lugares..
Pero descoida.. Cando as cousas que me gustan saian a luz, xa terás a oportunidade de velas, se cadra, igual tampouco che gustan pero pra iso xa esta a opinión do público, internautas e a dos curadores dos festivales renombrados de “arte interactivo e dixital”. Que xeralmente, soen estar moi ben..

Tes razon tamén, o puto “baixo presuposto” fixo que me apartase do mundo do són e tamen de GAliza.. Eso si, estaba bastante contento coas diversas cuñas de Radio que che fixen (en diferentes ocasións). Lastima que iso non me dese pra vivir..

Creo recordar que me dixeras que a tua financiación na adolescencia proviña de outras fontes..
pinchando en garitos de 50€ noite e comprando vinilos de 15/20€ unidade, non me saen as contas pra financiar nada..

En todo caso, Agora so difundo musica electrónica “libre” provinte de “netlabels” e
aquela vella etapa como dj de house “zoo” “canelas” “buddha bar” “cool” etc quedou atras..
De novo fico un tanto “abraiado”.. Porque ti mesmo me chamaches pra pinchar unha vez en Santiago na zona nova..

En todo caso, a min tampouco me gustaba algunha música que ti escoitabas fai 6 anos..

Grazas polos links!..

S

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>