
Da nota de prensa do IGAEM:
Teatro delle Ariette desenvolverá no escenario do Salón Teatro catro funcións (de mércores 4 a sábado 7 ás 22.00 horas) do seu espectáculo Teatro para comer? (Teatro da mangiare?). Tres elementos -cultivo, cociña e teatro- xúntanse nesta orixinal proposta que desde a súa estrea no ano 2000 ten realizado máis de 500 representacións en Italia, Alemaña, Francia, Suíza e España. Nesta ocasión, a compañía desprázase para estes únicos pases en Galiza despois do seu paso polo Festival de Teatro de El Ejido.
En Teatro para comer? cómense de verdade os produtos naturais que Paola Berselli. Mauricio Ferraresi e Stefano Pasquín cultivan desde hai case 20 anos nunha facenda agrícola situada a 50 quilómetros de Boloña. Enriba do escenario, un total de 26 espectadores están sentados arredor dunha gran mesa, coma nun restaurante. En torno a eles e durante 120 minutos, os tres integrantes da compañía cociñan, fan de camareiros, falan, actúan, contan a súa singular experiencia de campesiños-actores… e o espazo convértese nun comedor da emoción e da memoria.
Por suposto, alí estaremos actuando (é dicir, participando como comensais na representación). Máis información aquí e reservas en liña aquí.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }
Estiven en Bologna o ano pasado e de seguro que non me perderei esta cita tan curiosa. Por fin a alguén se lle pasou pola cabeza que o das palomitas no cine ou que o das gominolas non era casualidade… E como os españois, así como os italianos, somos de bo dente…
Deixa un comentario