
Ovidio Santos. Foto: César R. Carril

O primeiro viñedo no que nos detivemos con Ovidio. Foto: Sole
A VI Xantanza comezou cun paseo polos viñedos de Beade con Ovidio Santos, xefe de servizo da Consellería de Medio Rural en Ourense. Con Ovidio, puidemos apreciar as diferencias entre os viñedos novos e vellos, e coñecer como se procede á reestruturación e modernización dunha explotación vinícola no Ribeiro. “A clave é conseguir que os mozos volvan aquí”, díxonos Ovidio, “pero non é doado. Para que o negocio do viño poida ser rendíbel, cando menos precisas unhas tres hectáreas de viñedo, e iso co noso minifundio é difícil de acadar”. Por pistas pequenas, puidemos apreciar paisaxes recoletas de viña, mentres coñeciamos a traxectoria do Ribeiro, desde os anos escuros nos que se buscaba o máximo rendemento e pouca calidade, con variedades coma o xerez, ata a procura da calidade actual.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario