VI Xantanza: Adegas Valdavia, o exemplo do pequeno colleiteiro

2 Xuño, 2008


Alberto, a terceira xeración da adega. Foto: Manoel Foucellas


Margaridas e viñedos na finca preferida da adega. Foto: Sole


Blogastrónomos cargados e contentos. Foto: Manoel Foucellas

Na aldea de Cuñas, no concello de Cenlle, a terceira xeración de colleiteiros de Valdavia está a facer un viño magnífico, transparente e cristalino como a auga dunha fonte, o Cuñas Davia. Nada que ver co resto das adegas que visitamos en números: a xente de Valdavia fai 10.000 botellas do seu branco e unhas escasísimas 900 do seu magnífico branco barrica (xa esgotado, pero a min quédame unha), aínda que non tardará moito en saír o 2007. Esta pequeniña adega conquistounos o corazón e o peto, e pegámoslle unha pequena saqueada de caixas (houbo quen se decantou polo branco 2006 e outros polo 2007, pero ese é outro post). Se poden, proben este estupendo viño, fresco, directo e perfectamente identificábel.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>