Por que lle vai tan ben ao New York Times online?
Steve Outing entrevista a Vivian Schiller, manager xeral do NYTimes.com, sobre a espectacular subida de audiencia da edición dixital do New York Times. Schiller afirma que o eliminar a área de pagamento por contidos é un motivo lóxico pero tamén fala de que novas formas de contido web, coma o incremento na capacidade de produción de slideshows ou a creación de blogs constantemente actualizados, son decisivos para comprender ese incremento. (vía)












Leo con certa frecuencia ese xornal dixital: é exemplar. O deseño é claro e moi completo.
Coincido, e é un exemplo de como os bos contidos nos bos medios funcionan na rede sen problemas.