Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Presenza física? Só cando é preciso

21 / May/ 2008 Un comentario

A primeira cara que vin en tempo real nunha videoconferencia, hai moitos anos, foi a dun finlandés con perilla moi simpático que se movía a saltos e que debía ter un poder especial, xa que conxelaba o tempo continuamente. De aquela, as videoconferencias eran máis unha ilusión tecnolóxica que unha realidade efectiva. A segunda cara que vin nunha videoconferencia foi tamén dun tipo con perilla. Non sei se el se lembrará, pero foi a Marcus Fernández, a quen coñecín primeiro a través dun espello virtual da Autoestrada Galega da Información. El estaba na Coruña, eu en Santiago no CESGA, e ambos os dous participabamos nunhas sesións informais de vida fugaz chamadas Last Fridays, nas que quedabamos a falar a xente andabamos en Internet no 2000 ou por aí. Ao comezar a sesión, non puiden deixar de lembrar a miña frustrante experiencia anterior co finés e comecei a desquiciarme só de pensar en tentar manter unha conversa a cachos. Pero non, ao pouco, aquel espello electrónico desapareceu e Marcus estaba en Santiago, na sala, connosco, conversando do máis tranquilo. A tecnoloxía de telecomunicacións cumprira a súa función principal: facerse invisíbel e deixar todo o protagonismo á comunicación interpersoal.

Uso con relativa frecuencia, e cada vez máis, as xuntanzas en liña: teñen moitos aspectos positivos se todo o mundo está relativamente concentrado na reunión. Na miña impresión, as reunións van máis ao gran e remátase antes con elas; a tecnoloxía impón certas incomodidades e aínda crea certos problemas que facilitan que a xente se impoña rematar canto antes. Xa non fan falta equipamentos millonarios, ademais. Teño traballado estupendamente con Skype Vídeo ou Skype Audio. Lembrei hoxe isto por dous motivos: o primeiro, este post de Enrique Dans e o segundo, o pouco tempo que terei no que resta de semana para actualizar este blog, xa que ando a tres mil: unha significativa parte das horas perdereinas desprazándome a sitios nos que non sería preciso estar fisicamente para facer o que teño que facer neles. Non estaría mal que esta espectacular tecnoloxía de telepresenza de Cisco se xeneralizase algo máis:

Un comentario »

  • Marcus says:

    A verdade é que apoiar a videoconferencia con pantallas dun tamaño decente colocadas ao outro lado da mesa mellora a sensación de telepresenza.
    Ademais, hoxe tamén están moi baratos os sistemas de mans libres que se pode pór no centro da mesa (especialmente pensados para Skype, aínda que a min me lembran moito ao sistema que teñen no CESGA), o que fai máis levadeira a experiencia. Para min o máis importante desas cousas é que o audio vaia ben: lembremos o difícil que é artellar frases completas cando nos chega a nosa propia voz rebotada por teléfono.
    Tendo en conta o baratas que son as pantallas TFT hoxe en día sospeito que iso da telepresenza vai ser cada día máis normal, e algunhas empresas seguro que reservan 3 ou 4 asentos da súa sala de xuntas para eses usos… e tendo en conta que os iMac teñen cámara…

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.