http://www.manuelgago.org/blog/wp-admin/theme-editor.php?file=wp-content/themes/Cutline/sitemap.php&theme=Cutline Sobrevivir ao Powerpoint | Capítulo 0

Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image
Hai 4 anos: Silesia, houellebecq Hai 1 ano: Cornelius - Dance

Sobrevivir ao Powerpoint

Maio 16th, 2008 · 2 Comentarios

Utilísimo post de Juan Freire en Soitu sobre como usar mellor os powerpoints nas presentacións públicas:

Power Point se ha convertido en sinónimo de presentación y, casi, de conferencia. No hay evento, seminario o reunión de trabajo que se precie en la que los ponentes no acompañen su intervención con una colección de textos e imágenes que han preparado con este programa de Microsoft. Incluso cuando alguien utiliza Keynote de Apple o Impress de OpenOffice, sus presentaciones se suelen denominar “el powerpoint” (un término digno de incorporarse al estribillo de cualquier futuro éxito en el festival de Eurovisión).


Pode consultarse completa aquí
. Só anotar dous motivos para os que o powerpoint é un invento providencial, baseadas na observación e experiencia: as presentacións son coma o amigo invisíbel que permite aos tímidos ou aos inseguros afrontar unha intervención pública con eficacia e aos que teñen tendencia á divagación -o meu caso-, poder manter un certo control do fío argumental. A cara oculta da moeda está naqueles poñentes que se aferran ao powerpoint como á balsa da medusa: cando a tecnoloxía falla -e falla moito-, transfórmanse nun aborchornado monllo de caos nerviosos que se obstina en que o ppt volva verse no proxector e se esquece de que diante hai unha audiencia que agarda.

Tags: Diario

2 respostas

  • belay // 16 Maio 2008 at 11:45 pm

    Non che sei eu pero, eu case lles chamo transpariencias e non Powerpoint, iso de facer referencia ao nome comercial.

    Os ppt creo que xa están chegando ao final da súa historia, ultimamente vin varias presentacións que estaban feitas en flash e con videos integrados, é un punot de interactividade que co Powerpoint conseguese de forma moi escasa.

    Se falla o ppt como dixo un profesor meu, sempre é aconsellabel cando preparas unha conferencia ter unhas copias das transpariencias en papel para repartir entre o publico e ter unha copias das mesmas en laminas para poñer nos antigos proxectores.

    E o peordas transpareincias é a xente que cae na tendencia de ler as transpariencias que é unha costume moi extendida.

  • magago // 17 Maio 2008 at 12:43 am

    Belay, iso de transparencias refírese a unha tecnoloxía moi concreta, nunca hexemónica (había tamén as diapos) e bastante en desuso.

    Eu prefiro chamarlles presentacións. No texto refírome con ironía a un tipo concreto de presentacións, os powerpoints, debido ás limitacións que impón esa tecnoloxía de Office (que non evolucionou en toda esta década case nada) e, polo tanto, moi condicionante; nada que ver, por certo, co impresionante software de presentacións de Apple, o Keynote.

Coméntanos algo