Explosión de vermello no número 12 de Bak Magazine

13 / May/ 2008

in Tendencias en deseño

Gústame cando as revistas de deseño e artes visuais realizan monográficos sobre un concepto: se o magazine está ben concebido, adoitan ser profundas exploracións no significado cultural desa idea, que nos permiten viaxar de forma visual no universo dos significados. Este número da revista turca Bak Magazine é excelente: está adicado á cor máis importante para os seres humanos, o vermello, a cor voluptuosa, violenta, turbulenta, agresiva e radical. Se podes, descarga o número (ten un executábel dentro do zip) e mira as máis de 200 páxinas; Bak é unha auténtica obra de arte mediática.

Vía El 50.

Deixa un comentario

Previous post: Uncastellum Tinto Barrica 2005: unha densa e fresca estrutura

Next post: Impresionante continuación da campaña de Louis Vuitton sobre viaxes