
Web de Pangea Day
Estes vídeos son unha pequena marabilla. Co motivo do Pangea Day, -un evento universalista celebrado o pasado 10 de maio co obxectivo de conectar filmografías de todo o mundo, a través das fronteiras-, varios realizadores prepararon pequenos filmes nos que cidadáns doutros países interpretaban os himnos de Estados cos que os seus países manteñen relacións amistosas, ás veces non tan amistosas e outras, nin sequera teñen relación…O resultado son xoias visuais coma estas.
O Reino Unido canta para Arxentina
Estados Unidos canta para México
Xapón canta para Turquía
Francia canta para Estados Unidos
Kenya canta para a India

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 4 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Claro que eu a estas iniciativas ben intencionadas sempre lles vexo a mesma pega: a cantidade de himnos nacionais sen estado e o aínda máis grande de linguas nas que ninguén canta.
Sen dúbida. Con todo, o Pangea Day baseábase en que os usuarios enviaran os seus vídeos, explicando cuestións locais. Habería que ver que se publicou de todo iso.
E o de España non o canta ninguén?
A pesar de que lle dou gran parte da razón a Mario, estes vídeos constitúen un deses momentos máxicos que lle permiten darlle a volta á túa idea do mundo, e soñar…
Deixa un comentario