O novo disco de Lizz Wright, The Orchard (A Horta), está construído con don dúas materias: a memoria e o vento do Sur. A memoria porque a horta é un recordo familiar, onde a súa familia cultivaba os vexetais da casa. E o vento do sur, feito instrumentación e sons. Esta cantante do estado de Georgia, no sur dos Estados Unidos, presenta neste novo disco un son envolvente, marabilloso, de ritmos case hipnótico; está o jazz, o soul, o folk e unha orquestración sostida, en primeira instancia, na súa sedosa, profunda, sedutora voz. Un disco estupendo para pinchar nos seráns dos días quentes que xa han chegar despois destas chuvias: conségueo porque paga a pena; acabo de escoitalo e aínda estou emocionado. Para avanzar, unha pérola preciosa: My Heart.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }
Soa moi ben, a súa voz recórdame a esa extraordinaria artista que é Sade.
Por outra banda, tes a manía de poñerme melancólico…. o caso é que pasei gran parte da miña infancia en Viana do Bolo, e lembro perfectamente a cantidade de lousa que había por alí, canto máis na propia Pena Trevinca, que está relativamente cerca… pero é que non só estiven varias veces en Pena Trevinca, os meus pais leváronnos algún inverno e alí estivemos a xogar coa neve… o máis curioso é que ó trasladarnos a vivir a Ourense o fixemos precísamente á rúa Pena Trevinca.
Un saúdo.
Deixa un comentario