Gastronomía do Barbanza: moito aínda por percorrer

9 Maio, 2008


Reportaxe do Xornal Certo

O xornal gratuíto mensual Certo dedica o seu último número á cociña do Barbanza. “Gastronomía: boa materia prima, pero arriscamos pouco”, é o seu diagnóstico de portada. Coincido bastante co titular, aínda que no Barbanza, coma en toda Galicia, comeza a haber xente que quere facer cousas diferentes e, estou convencido, todo é atreverse e ser intelixentes na combinación de innovación e pratos seguros para unha audiencia conservadora. A ver se co viño tamén se consegue. A redacción de Certo tivo a xentileza de mencionar a Capítulo 0 e ao Gourmet de Provincias como exemplo de blogs gastronómicos relacionados coa comarca cun piropo do que eu, cando menos, non estou á altura. Pois moitas grazas!

Descargar o número de Certo en PDF.

.

{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }

1 Redacción Certo 05.09.08 at 11:57 pm

Estás estás. Por moito que a túa modestia católica cho impida recoñecer. Entre ti e o Gastrónomo de Provincias acabades con nós, de tanto que nos facedes salivar. Seguide así, por suposto, non paredes.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>