
Hai anos non poría estas flores no meu coche nin tolo -os prexuízos, ah os prexuízos-. Hoxe, síntome feliz de meter os maios por tras da matrícula e compartir un código cultural moi, moi antigo, que na costa e no interior asimila, sen problemas, todas as propiedades das que dispomos -con independencia da súa maior ou menor modernidade- sen maior dificultade conceptual, superando milenios, relixións e ateísmos. E iso gústame. En Santiago xa non ves maios nos coches; no Barbanza, pola contra, os maios son o traxe de gala da primavera nas casas, nos coches, nas motos. Os maios non me librarán dun mal de ollo que non existe, pero sitúanme no mundo e no tempo.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 5 comments… Le abaixo ou engade o teu }
E si, o coche está porco de vez. Son mosquitos. Unha longa viaxe que vos contarei á noite. Volveu o Proxecto Dous Miles.
Precisamente vin un esta semana en Santiago, pero non sabía o que era e pensei que sería a broma dalgún borracho. É fascinante que se siga a facer, cando teña carro apuntareime á tradición.
Hoxe non puido ser. Mañá falaremos dos Dous Miles.
Non te olvides de levar a “pua” pra que teña boa acustica
Eu poño o meu ramalliño de xesta na porta da casa, e no coche, e este ano, ademais, púxenllo ao manillar da bici, antes de dar unha volta con ela o primeiro de maio. Por qué? pois moi sinxelo: porque o facía a miña avoa.
No Morraço as xestas en maio son omnipresentes. Non miro tantas en Cangas e en Moaña, pero en Marín as xestas están por todas partes, en coches e casas, e ata nas barras dos bares.
Deixa un comentario