Crítica de libros, ¡por suposto!

23 Abril, 2008

No Día do Libro, El Roto está confundido (aínda que a viñeta sexa cachonda). Por suposto que debemos facer crítica de libros. E se fai boa crítica de libros. De gastronomía. De blogs. De música. Do que queiras. Non é preciso ser un experto na materia para facer crítica, pero canto máis experto sexas máis se respetarán os teus criterios. A crítica afórranos tempo nunha sociedade acelerada. A crítica unicamente extende o papel do boca a boca. A crítica axúdanos a comprender, a valorar e a poñer en contexto. Ás veces os autores equivócanse cando afirman que moitos críticos non saberían dirixir unha película, cociñar un ovo fritido ou escribir unha novela de éxito. Confúndense porque pensan que os críticos deberan ser creadores. Non. Os críticos deben ser espectadores e consumidores ilustrados, aínda que creen, como a calquera lle gusta crear. Están desta banda do patio de butacas, non no escenario. E falan con outros espectadores. A súa principal ferramenta non é a orixinalidade, nin sequera o dominio da filoloxía ou da teoría audiovisual. É a memoria e grandes doses de intelixencia para explotala e poñela en valor.

Outra cousa son os críticos engolados. Os críticos que se cren deuses. E os críticos que falan para outros críticos, ou para os autores, e non para o público. Os críticos que queren decidir, desde unha mesa de cafetería, cales deben ser os camiños da creación. Deses hai moitos. Pero non son importantes. E menos influíntes do que a eles lles gustaría. Os bos críticos non se achegan de puntiñas a un libro. Rinse con el, vomitan sobre el.

.

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 ekis1331 24 Abril 2008 at 1:44 am

A función crítica é de por si, creadora.

2 Suso Rubio 24 Abril 2008 at 1:52 am

…a ninguén lle gusta ouvir/ler/ver comentarios negativos da súa creación, é algo obvio por moito que se disfrace de tolerancia, respecto, indiferencia ou desprezo segundo os casos, pero tamén o autor intenta a veces desactivar unha crítica formada, honesta e sincera…e podes facer unha viñeta ao revés…máis irónica no caso dun creador que fai crítica a través dos seus debuxos.

3 ghanito 24 Abril 2008 at 10:34 pm

Eu respecto moito aos críticos porque acho que teño poucas cualidades para facela, non son quen de facer crítica de BD nin de cinema. Teño que conformarme desde hai tempo facendo reseñas sinxelas :D

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>