
Todos os anos, os alumnos das materias Creación de Produtos na Rede e Obradoiro de Aplicacións na rede, do itinerario de xornalismo electrónico da Facultade de CC. da Comunicación da USC, elaboran proxectos multimedia de ámbito hiperlocal que reunimos nun único produto cun gran tema central: nel exploramos cuestións moi diversas, como o funcionamento da audiencia, a xestión de sistemas de publicación en liña, a definición de produto, etc.
Se o ano pasado foi Exploradores Urbanos, un sitio orientado ao turismo galego e internacional, desta volta centrámonos máis en asuntos internos. Os 7 pecados da capital analiza a cidade de Compostela baixo o prisma dos sete pecados (luxuria, avaricia, envexa, gula, etc.). A proposta non pode ser máis suxestiva, especialmente no ámbito da terceira cidade santa do Catolicismo, e rinde unha pequena homenaxe ao primeiro proxecto multimedia -que eu sabia- realizado por alumnos dunha materia de xornalismo electrónico. Fixérono os alumnos da Escola de Xornalismo de Columbia a finais dos 90 e chamábase Sin Central (a central dos Pecados), coa mesma temática que o noso, pero en Nova York.
Os 7 pecados da capital xa está dispoñible, e actualízarase con diferentes tipos de contidos (slideshows, mapas con vídeo, reportaxes, infográficos), dúas veces por semana ata xullo. Para que vexades de que trata, aquí van dous dos proxectos xa publicados, sobre a vida noturna dos estudantes universitarios, clasificados como Preguiza (sobre o lixo que queda tralo macrobotellón universitario dos xoves na Alameda) e Luxuria (sobre como ligar nas festas universitarias).
Preguiza: Longa noite de lixo
Feito por Santiago Gallur Santorum, Andrea Barreira Freije, Daniel A. Lires Iglesias.
Luxuria: A dalo todo
Feito por Fátima Jardón Magdalena, Eloy Rivera Seara, Elena Rodríguez Feijóo, Mónica Rodríguez Goya







1 resposta
Simplemente genial. “… Andan por los portales, mientras que una pareja estable se va a su casa”. Auténticas “perlas” filosóficas. Un programa en la TVG ya para los autores del “Luxiria: a dalo todo” . En fin, que parece que fue ayer…
Coméntanos algo