
Cada globo no proxecto permite visualizar un sentimento
En colaboración con Sep Kamva, Jonathan Harris desenvolveu I Want You To Want Me, unha instalación interactiva para o MOMA de Nova York que se executa sobre unha pantalla tocábel de 52”. Como nos anteriores proxectos de Harris, o interese está en procesar os sentimentos a partir de
miles de frases no web, neste caso enfocadas directamente aos sentimentos de amor e de autorecoñecemento. Para representar os sentimentos visualmente, recorren á potente metáfora visual dos globos inflados.
I Want You To Want Me explores the search for love and self in the world of online dating. It chronicles the world’s long-term relationship with romance, across all ages, genders, and sexualities, using real data collected from Internet dating sites every few hours.
Aquí está o vídeo de presentación do proxecto:







2 respostas
Avisa cando o traian para o CGAC, Manolo
A ver se hai sorte un día. Eu creo que Harris tiña que visitar Galicia.
Coméntanos algo