Interesante blog sobre fervenzas galegas

20 Abril, 2008


Fervenzas de Marraxón e Queixoiro. Fotos: Miguel Ángel Quintás Veiga

Cada vez gosto máis dos pequenos blogs centrados nunha temática moi específica, e que pouco a pouco se converten nunha biblia de suxestións e referencias sobre el. Hoxe fiquei marabillado con este interesante exemplo: Cascadas Gallegas. O seu autor, Miguel Ángel Quintás Veiga, fotografía e escribe sobre fervenzas por todo o país con gusto e elegancia; nalgúns casos, mesmo métese con novidosas técnicas fotográficas como o HDR. Lugares de ensoño arquivados e ben fotografados nun blog que penso empregar de vez. Parabéns e grazas, Miguel Ángel!

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 paideleo 20 Abril 2008 at 2:15 am

Hai blogos para todo !.

2 Nico 20 Abril 2008 at 11:26 pm

Que casualidade, hoxe mesmo puxenme eu a probar a técnica HDR que me recomendou un amigo e casi vou a Fervenza do Toxa para empezar, pero logo quedeime máis cerca de Lalín.
Falarei da técnica no blog

3 Ricardo 21 Abril 2008 at 4:33 am

Máis casualidade, este domingo viña un artigo na Voz de Galicia sobre fervenzas e decidín ir á de Rus, preto de Carballo. Moi bonita, ademais coa choiva destes días (deixei unha foto no meu blog). Quedei coas gañas de ir ata a de Entrecruces, desde a estrada xeral Santiago-Carballo víase ao lonxe e debe de ser espectacular.
O do HDR é moi prometedor. Úsase moito para panorámicas destas en que tés fotos tomadas con distintos tonos (con sol, sen sol, unas máis obscuras, outras máis craras, etc). No caso das fervenzas (rochas e sombras obscuras, auga branca) os resultados parécenme espectaculares.
P.D.: as fotos de Miguel Ángel, fantásticas.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>