Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Unha conversa con Sir Ian McKellen sobre Ricardo III de Shakespeare

Abril 15th, 2008 · Esperando pola túa opinión


Sir Ian McKellen en stagework.org

Había tempo que non atopaba un produto multimedia tan creativo e interesante na web. Non é, desde logo, o primeiro vídeo que interactúa cos usuarios -en Capítulo 0 xa temos visto uns cantos-, pero non o facían, desde logo, coa profundidade deste e posibilidades conversacionais deste. En A Conversation with Sir Ian McKellen, un especial publicado en Stagework, o produto dixital do National Theatre británico, o gran actor Sir Ian McKellen conversa contigo, explicándote o monólogo de inicio da obra Ricardo III de William Shakespeare, recitando contigo -como fan os actores- en voz alta o monólogo e parándose nos matices e significados, amosándote diferentes interpretacións en cine e teatro da obra, e conversando contigo sobre as relacións entre Shakespeare e os X-Men, por exemplo. Un magnífico xeito de aproximar o teatro a outros públicos cun convidado de excepción. Imprescindíbel. Gañará un Webby seguro.

Tags: Tendencias en deseño

Esperando pola túa opinión

  • Aínda non hai comentarios. Pero podes iniciar a conversa empregando o formulario de abaixo.

Coméntanos algo