Software paquidérmico

Last updated on 15 / Abril/ 2008

Estes días teño moito traballo e pouco tempo. E estou do software que me enlea e me obriga a determe ata os mismísimos. Ben, non de todo o software. Senón deste software privativo que aspira a monopolizar a túa máquina, que devora recursos do teu sistema, que consume megas e megas de disco duro sen necesidade aparente ou mínima. Estes días, estou ata os mismísimos de Windows Vista, o sistema operativo máis lamentábel desde que apareceu Windows Millenium. Estou ata os mismísimos de Pinnacle Studio 11, o editor de vídeo cun ridículo e bochornoso sistema de “activación gratuíta” da lectura e exportación de vídeos en MPEG4 ou DiVX. Estou ata as narices da lentitude de carga de Photoshop CS3. E non digamos do incómodo Adobe Acrobat, cascando os navegadores cada dous por tres, incordiándote con actualizacións en segundo plano de programas adicionais non empregados. Tamén estou ata a cocorota do iTunes de 70 megas que te provoca reiniciar o ordenador para instalar unha actualización para protexer os dereitos de copia e te obriga a baixar o Quicktime. E non me digan que eu podo escoller e configurar e blablabla. Ningún escollemos: dámoslle con présa a Seguinte e punto. E despois temos que aturar todo isto.

Conclusión: mentres o movemento opensource desenvolve aplicacións lixeiras, non intrusivas, que ti amplías con plugins segundo tes necesidades, determinadas casas (Microsoft, Adobe ou Apple), tentan colonizar o teu ordenador, se despreocupan das capacidades previas da túa máquina e activan toda unha serie de chorradas para protexer ou actualizar as súas patentes. O que fan -o tempo e o mercado o dirán-, será estragalas.

2 Comments

  1. minhato
    17 / Abril/ 2008

    Efectivamente, acertas na túa análise. Non sei ata que punto precisas as funcionalidades de todo ese software, pero existen algunhas alternativas:
    1.- Comeza por cambiar algúns dos programas de uso habitual. (creo que os programas que mencionas non teñen un sustituto eficaz, agás o Gimp que che poderia substituir o Photoshop.
    2.- Proba un linux. Eu recomendoche Ubuntu. É sinxelo, funcional e a rede está chea de boa documentación. Precisas uns 4 gigas para unha instalación. Tamén o podes probalo en windows usando o VirtualBox. Aprende a instalar software en linux, a configurar as redes, impresoras, etc. Descobre o apt-get.
    3.- Usa linux, sempre que poidas. Descubriras un día que terás que reiniciar o ordenador para facer algo en windows, e non o farás. Moitos dos problemas desapareceran, pero tampouco cantes victoria. Outras cuestions seguirán a tocarte os collóns.

    Tesme a túa disposición se queres axuda, e gracias polo teu blog. Ánimo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *