
Procedencia das visitas a blogs hospedados en Blogaliza. Datos subministrados por Pedro Silva, administrador da Blogaliza. Gráfico de Calidonia.
En Calidonia:
Salienta a desaparición de Ferrol como única cidade fóra dos primeiros postos, a posición moi baixa de Vigo, o peso do microcosmos compostelán, e tamén a ausencia de Buenos Aires e demais cidades americanas hispanofalantes en favor de cidades brasileiras e portuguesas. A lingua e internet: poder, fronteira e realidade.
O acceso ás estatísticas de Blogaliza permite observar que acontece cos tráficos nunha determinada e relevante parte da blogosfera galega. Sería interesante coñecer tamén os tráficos da Blogoteca (e, por suposto, os de Blogspot). Entrementres, as estatísticas de Blogaliza dan para algunhas conclusións:
- Que ninguén se me emocione co tema portugués-brasileiro: seguro que é un efecto Google.
- Efectivamente, o baixo acceso desde Vigo e Ferrol é sintomático do determinados usos de lingua e tecnoloxías e, se cadra, da propagación destas en círculos sociais que tenden a concentrarse en determinados ámbitos xeográficos.
- A baixa participación da diáspora americana tamén é un feito; a audiencia americana dilúese cada vez máis nos webs galegos segundo se incrementa a cota de conectividade dentro do país, segundo a súa memoria vital vai esmorecendo definitivamente. Pero a nova emigración (Madrid, Barcelona), está a dar un tráfico importante. Vaia se o dá.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 5 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Valoro o das visitas procedentes da lusofonía positivamente, aínda que moitas sexan o froito do acaso e da proximidade de galego e portugués nos motores de indexación lingüística. Neste caso outro tipo de proximidades filolóxicas non acredito que importen tanto.
O que sorprende, ou xa non sei se é teima miña, é que a lingua, e en particular a lingua no lecer e na comunicación, sexa cada vez máis unha raia ou unha fronteira.
Non lle parece?
Si, que ninguén se emocione co tema do portugués, que bastante emocionados están xa os lusistas, reintegracionistas…
Cada vez sinto máis pena polo noso “galego de aldea”…
Sobre o último párrafo da mensaxe de Calidonia, coido que esa raia da que fala non sólo afecta ao lecer e á comunicación, senon que se atopa presente en caseque tódalas facetas da interacción personal. Toda língua, por definición, é e ha de ser unha canle de comunicación humana. Nunca debería ser un obstáculo para a relación entre as persoas, e moito menos unha fronteira ou unha excusa para o enfrontamento. Non debe ser utilizada para separar, senon para unir, polo que debería quedar á marxe de calquera controversia ou intencionalidade política ou ideolóxica, sen prexuizo da necesarísima defensa, conservación e fomento de línguas como -no noso caso- o galego. Entendo que acaso sobraría, por obvia, a exposición do argumento anterior, pero por desgracia, teño a sesación que estes pensamentos non son senon utopías.
Calidonia, estou de acordo.
Creo que nos blogs galegos ocorre un pouco mesmo: sería de sumo interese facer unha pequena investigación e comparar blogrolls de blogs galegos en galego e blogs galegos en castelán. A miña sospeita (sería interesante confirmalo estatísticamente) é que existe moi pouco tráfico intercambiado entre uns e outros, é dicir, moi poucas ligazóns entre eles. A cousa dá para debater e longo.
A identificación da cidade é 100% fiable. Digoo porque a saber onde teñen as operadoras os seus nós. Pode que en Coruña este centralizado todo.
Na casa do meu pai (que vive en Vigo) aparece identificado coma Ourense en algúns sites.
Deixa un comentario