Os organismos literarios de Stefanie Posavec

8 Abril, 2008


Un organismo literario: representación de personaxes e espazos en No Camiño, de Jack Kerouac. [Ampliar e ver completo]


Tamaño das frases de No Camiño. [Ampliar e ver completo]


Proceso de marcación de personaxes e escenarios en No Camiño

De Notcot:

Os mapas de Stefanie Posavec capturan algo máis alá que o resto. Máis que mapear a xeografía física, os seus mapas capturan regularidades e patróns nun espazo literario. As pezas destacadas en On the Map céntranse en No Camiño, de Kerouac. Os mapas representan visualmente o ritmo e a estrutura do espazo literario de Kerouac, creando traballos que non son só alucinantes desde o punto de vista do deseño gráfico, senón tamén exhiben rigor e precisión na súa formulación: coa súa meticulosa exploración da superficie do texto, marcando e anotando o tamaño das frases, da prosodia e das temáticas, a aproximación de Posavec ao texto non é moi diferente da dun investigador. E, do mesmo xeito, o acto é case reverencial nos seus obxectios e os resultados son fascinantes representacións gráficas da natureza do tema. O organismo literario, as texturas do ritmo e os debuxos das frases son certamente pezas sorprendentes.


Ver na anotación orixinal as imaxes completas e en alta resolución

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>