Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

Un espellismo temporal no Pazo de Oca

5 / April/ 2008 3 comentarios

Había tempo que quería publicar estas fotos, pero un impulso final sempre me freaba, porque sei que as imaxes non están á altura do lugar, son a penas unhas prácticas de campo. Visitamos os xardíns do Pazo de Oca un frío sábado pola mañá, para convertelos nun estudo no que poder practicar cun par de cámaras fotográficas novas. O lugar é ideal para iso: luces e sombras, obxectos de diferentes texturas, un paraíso das cores. Ao mesmo tempo, pode chegar a ser frustrante cando aínda non dominas a fotografía: as imaxes nunca representan o que ves. Os xardíns de Oca son unha desas marabillas que deberían figurar nunha colección de tesouros-tras-da-porta, aos que en Galicia somos moi afeitos. Coma en Alicia no País das Marabillas, detrás desta porta agáchase un mundo irreal, un pequeno universo artifical desde hai trescentos anos sen máis propósito que o estético, sen máis utilidade que ser fermoso. Fálase de que é un xardín barroco: a min chámame atención como os xardíns galegos acábanse por converter en fragas umbrías, construíndo dentro dos muros a natureza que había no exterior.

Pasamos no Xardín dentro tres horas e pico xélidas, totalmente abstraídos, fotografando, deténdonos en cada folla, en cada sombra, cambiando obturacións, sensibilidades ISO, obxectivos. Ninguén máis veu por alí. As canles, os estanques, as fontes, os paxaros, as luces filtradas pola clorofila, as cores, os pétreos soldados, monos e cans de caza provocaban unha sensación hipnótica. Naquel momento non o saímos. Pero cando volvimos atravesar a porta, xa á hora de xantar, e saímos ao amplo patio da fachada do Pazo, tivemos unha certa sensación de perda, de encontro coa realidade: decatámonos de que os ritmos do xardín nos alteraran algo a percepción do tempo, ata levalo á infancia, cando tiña a propiedade de facerse eterno á nosa vontade.

3 comentarios »

  • ekis1331 says:

    Non sei se as fotografías están á altura do lugar (aínda que coido que si), pero se o lugar está á altura da crónica, ten que merecer moito a pena.

  • belay says:

    Nesta zona hai outros pazos de gran valor histórico e artístico son os de Guimaráns (San Mamede de Ribadulla), Vista Alegre (parroquia da Ponte Ulla), Pazo da Costa (Socastro, San Mamede de Ribadulla), Pazo de Ximonde (San Miguel de Sarandón) e Pazo de Marzán de Abaixo (Vedra).

    É unha magoa que sexan privados e noutros non permitan a sua entrada.

    sniff

  • magago says:

    Certo. Eu tíñalle moitas gañas ao de Ximonde, que ten unha finca e xardín enorme e certo aire gótico, ademáis de toda unha película detrás nas últimas décadas, polo que me contaron. Algún día pasarei por alí.

    A Ulla foi a zona de moda dos ricos de Santiago durante o Barroco, sen dúbida.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.