A brief guide about Bridesmaids (Unha breve guía sobre damas de honra) é un fantástico e elegante vídeo infográfico realizado por Nicolas Alexander, Yaniv Fridman e Amber MacKay, alumnos da Escola de Cine de Vancouver, sección dixital. O divertido é que reúne todos os conceptos (texturas, movementos, figuras) e formatos (tipografías) de moda nos últimos anos na animación infográfica. Aquí pódese ver con gran calidade.
No moi recomendábel blog de Alexander hai un simpático storyboard documentando o proceso de creación. Vía.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario