Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Técnica para recordar o viño que tomaches

30 / Marzo/ 2008 5 comentarios

Este é un viño chamado Oxford Landing. A idea pareceume boísima.

Vía Hilera.

5 comentarios »

  • unha gran idea este «recordatorio» que permite interactuar ao comensal dun xeito tan inmediato e doado…tamén estaría ben algun restaurante che agasallara ademais da preceptiva conta, cun folletiño persoalizado co menú elixido dende os entrantes ao postre, imaxes do plato, receitas ou mesmo unha pequena historia dalgún ingrediente peculiar, non deberia ser moi complicado cun ordenador calquera e unha base de datos ben dotada.

  • PabloV di:

    Redios suso! non te pasarias un pouco coas imaxes e a historia? :)

  • magago di:

    O do recordatorio é habitual en bastantes restaurantes de gama alta, co gallo dunha celebración -na vella hredanza dos recordatorios de menús en francés dos hoteis do XIX e principios do XX-, ou se tomas un menú degustación. No caso de Arzak, a sofisticación xa era o máis: incluían exactamente os viños que tomamos.

    Coincido contigo en que é unha excelente técnica de marketing.

  • delokos di:

    Fantástica idea…

    Deberían de copiala todos os productores… de feito, ó recordar un viño fai que podas pedilo de novo… e iso se pode levar hasta na carteira…

    Unha aperta…

  • Para o degustador resulta un bo xeito de lembrar un viño, por suposto… Aínda que para os que somos de memoria visual, coma min, sería relativamente complicado lembrar un viño por un anaquiño de papel…

    Agora, dende o punto de vista práctico da adega, paréceme bastante complexo á hora do etiquetado…

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.