Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación

Probando Wordpress 2.5

30 / March/ 2008 Sen comentarios

Tardei ben pouco en descargarme a polémica última actualización de Wordpress, dispoñíbel desde hoxe mesmo. A 2.5 estivo centrada no redeseño do sistema editorial do sistema editorial máis molón do mundo, baixo as premisas de limpar, reordear e engadirlle compoñentes dinámicos ao sistema de publicación. En concreto, comportamentos ajax para a edición e publicación de artigos e algunhas clamorosas necesidades do sistema. O que máis me gustou:

  • A reorganización do Taboleiro (dashboard) que dá a benvida ao sistema editorial. No canto de estar ocupado por información xeneralista e descritiva do sistema, o novo dashboard é un auténtico panel de control e estatístico do sistema de publicación moi personalizábel.
  • A subida múltiple de imaxes e outros tipos de obxectos multimedia ao sistema. Ata agora había que facelo con plugins pouco satisfactorios.

Aínda así, ao meu criterio Wordpress ten novos retos pendentes: nos últimos meses estamos a ver claramente unha tendencia que debuxabamos en xuño, as potencialidades de Wordpress como CMS de pequenas publicacións e medios. Sen embargo, non se observan avances da plataforma neste sentido; Wordpress debera asumir que xa está a administrar todo tipo de webs e que o sistema debe outorgar máis liberdade na composición, na xestión de usuarios, etc.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.