



Chámase Bert Teunissen, é holandés e fotógrafo. O seu proxecto chamouse Domestic Landscapes (Paisaxes domésticas) e baseouse en retratar os interiores de Europa. Non da Europa interior, senón da Europa doméstica e íntima, cunha especial querencia pola xente do campo e o antigo e un coidadoso uso da luz. Nunha expo que realizou en Nova York comparárono con Vermeer. “Ao principio”, comentou Teunissen nunha entrevista no New York Times, “pensei que era bastante obvio que se comparase o traballo dun fotógrafo holandés co dun pintor holandés”. Pero logo, Teunissen examinou con máis detemento a obra de Vermeer “e só foi nese momento no que comprendín que a luz que uso nestas fotografías é do mesmo tipo que eses pintores usaron nos seus cadros. É unha vella e antiga luz, a clase de luz que vai ser difícil que se vexa máis”. O fotógrafo percorreu a xeografía da Península Ibérica buscando fogares e luz antiga. E en Galicia atopou moitos. O resultado é unha marabillosa galería que se pode ver aquí.
Vía Efímera



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Unha fermosa galería, si.
Case todos os fogares teñen en común o hule na mesa e os almanaques. E semella mentira que en pleno século XXI haxa fogares así.
Tamén ” vivitei ” outros países e Bulgaria impresiona polos vestidos de cores e os tapices e Xapón polas mesas e cadeiras baixas que parecen de xoguete.
Mui boa galería.
Coñecía a Teunissen, pero non estas fotos. Sobre a obra de Vermeer, non deixedes de visitar “Essential Vermeer”, web que descubrín na bitácora de Cesar Salgado. Algo posteei sobre o tema no meu blog.
Saudos.
A mellorar o nivel de vida desta xente é ó que se deberían dedicar moitos politiquillos, e non a gastar os cartos públicos en moitas parvadas no que se fai ás veces…
Deixa un comentario