Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

O mundo segundo os xornais

Marzo 26th, 2008 · 4 Comentarios

mapa_nvas.jpg

O investigador Nicolas Kayser preparou estes interesantísimos infográficos nos que se pode visualizar a presenza dos diferentes países do mundo en diferentes medios de comunicación ao longo do 2007, e é interesante exercicio para relacionar obxectivos e liña editorial do xornal co presenza de información internacional -e de que países. Chama a atención que os dous medios máis equilibrados son The Economist e a propia blogosfera.

Máis en Online Journalism Blog. Vía Blog do Gjol

Tags: Diario

4 respostas

  • Calidonia // 26 Marzo 2008 at 9:41 pm

    Máis que ese dato sobre os “medios” de carácter pretendida ou netamente internacional (The Economist e a blogosfera -incluirá todos os idiomas?-) a min paréceme rechamante que os media londinenses/ingleses/británicos sexan máis “eurocéntricos” do que “EUA-céntricos” son os americanos. Iso racha quizá co tópico isolacionista dos media “estadounidenseamericanos”, aínda que quizá a explicación hai que achala no efecto expulsión que nestes últimos produce a enorme cantidade de “información” sobre Oriente Medio.

    (Perdón pola cantidade de vírgulas e neoloxismos)

  • An // 26 Marzo 2008 at 11:50 pm

    O interesante, e ver o pouco que interesa a alguns xornais o que aconteza en EE.UU. (ou deveria escreber EEXX?) Saudos e unha aperta

  • magago // 27 Marzo 2008 at 12:29 am

    No 2007 hai un efecto claro de Oriente Medio nos medios norteamericanos, sobre todo porque Oriente Medio chega a converterse nun eixo de política case “central” nos Estados Unidos. Neste sentido, unha revista de centro-esquerda, como Slate, converte o tema Iraq-Afganistán en motivo de discusión. En todo caso, o tema do eeuucentrismo nos medios norteamericanos non é real nin nunca o foi, cando menos non máis que o francocentrismo en LeMonde ou o hispanocentrismo en El Mundo.

    Igual, por certo, que a inocencia coa que aquí moitos pensaban que, durante o primeiro ano da guerra de Iraq, os cidadáns americanos non dispuñan de información libre sobre o conflito nos seus medios. Que barbaridade!

  • xmanoel // 27 Marzo 2008 at 12:13 pm

    O curioso do caso é o pequeno que estan Estados Unidos nos medios Ingleses. De feito no Economist (que ten unha sección de coma mínimo 3 ou 4 artigos de USA) ¡¡prestan máis atención a México!!

Coméntanos algo