Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Primeiras imaxes en infravermellos do documental sobre carnívoros

Marzo 24th, 2008 · Esperando pola túa opinión

¿Lembras que hai pouco faleiche do proceso de filmación do terceiro documental sobre natureza de AXENA? O plató natural era unha zona con numerosas tobeiras de teixugos na parroquia ribeirense de Palmeira, unha auténtica cidade animal cos seus vieiros, ramificacións e conexións. A maior parte dos documentais sobre natureza que ves na tele están rodados con animais amestrados e en catividade, xa que é dificilísimo rodar bichos en liberdade (son estremadamente cautos e de aparicións fugaces).

Así que a filmación do documental (que será unha triloxía carnívora, e ata aquí podo dicir), está a supoñer unha tarefa inmensa na que hai que inventar métodos de filmación non agresivos, case invisíbeis. E ás veces fílmase o que non se pensaba, mercé aos intrusos. Por exemplo, o seguinte vídeo está enfocando con cámaras infravermellas unha destas tobeiras de teixugo. Son as tantas da mañá. E aparecen uns ollos brillantes, case uns ollos da Warner Bros. Os rapaces de AXENA bautizárono como Pascuálido, e con iso digo todo. O raposiño primeiro ulisca a boca da tobeira antes de pasar a manducarse o cebo. Gustáronme os seus ollos.

Tags: Diario

Esperando pola túa opinión

  • Aínda non hai comentarios. Pero podes iniciar a conversa empregando o formulario de abaixo.

Coméntanos algo