
Por agora está distribuíndo un remix de 8 minutos do novo álbum de Moby Last Night. Moby volve ás súas raíces máis DJ e retrata musicalmente o que acontece nos antros de Nova York despois da medianoite. O resultado que se escoita polo de agora no sampler que se está distribuíndo é, sen dúbida, moi moby: sintetizadores siderais, sensuais voces de muller, pero tamén é unha base moi discotequeira, de pista de baile, gamberreo polos antros do Soho e desfase xeralizado. Si, a marcha de Nova York é tal e como un a imaxina, ou moito máis, un exercicio de liberación no que, se cadra a primeira vez, ao saír canso dun antro ben de noite, tras horas de buscas e encontros, un atópase co rañaceos Chrysler e as outras cimeiras urbanas e éntralle un sentimento de ficar ultrapasado, de orgullo, de emoción e de cansanzo. Moby ponlle de novo pés e voces a eso que hai que sentir como mínimo unha vez na vida. Así fala o DJ sobre Last Night:
‘”last night” is basically a love letter to dance music in new york city. what i love about the new york approach to dance music is the eclecticism and the open minded-ness on the part of the musicians, the dj’s, and the people in the bars and clubs. in making ‘last night’ i essentially tried to take a long 8 hour night out in new york city and condense it into a 65 minute long album.’
Aquí vai o sampler, coa montaxe visual dun usuario de Youtube. O disco enteiro publícase entre o 31 de marzo e o 1 de abril.


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario