
Unha semana despois de visitar os controvertidos petróglifos do Chan da Ferradura, en Amoeiro, volvimos alí. Ese chan ermo, invadido pola xesta e o abandono, deixoume tan impactado como intrigado. Unha semana despois de denunciar que o complexo de petróglifos carecía de todo tipo de sinalización, para a miña sorpresa, alguén comezou a marcar os camiños, a limpalos e a instalar uns paneis informativos.

Imaxinen que a maior parte das pedras dese solitario lugar están cheas de cazoletas. Pequenas incisións na pedra que non sabemos interpretar. Están por todas partes. Concentradas. Unidas entre si. Formando grupos ou misteriosamente ailladas. Son as cazoletas, como unha epidemia pétrea, as que fortalecen as incógnitas deste lugar. Ao chegar á gran pedra coas pegadas, realizamos o curioso ritual que vemos nos artigos científicos: colocámonos nunha fendedura en forma de cuña que está no centro da laxe, e que as excavacións revelaron que estaba enlousada, e miramos que é o que se ve no horizonte. E o que se ve é exactamente isto.

Nunha paisaxe densamente granítica, os límites entre a casualidade e a intencionalidade nunca están claros de todos. A nosa imaxinación quere sentir. O noso escepticismo quere frearse. Nesa tensión é onde está a atracción dese lugar. Pero o chan da Ferradura é só un elemento máis dunha fascinante interacción cultural. Despois de volver a primeira vez da Ferradura dimos con este artigo redactado por arqueólogos mozos do Grupo de Arqueoloxía da Paisaxe da USC:
ARIZAGA CASTRO, ÁLVARO R.; FÁBREGA ÁLVAREZ, P.; AYÁN VILA, XURXO M.; RODRÍGUEZ PAZ, ANXO:
“A apropiación simbólica da cultura material castrexa na paisaxe cultural dos Chaos de Amoeiro (Ourense, Galicia)” in Cuadernos de Estudios Gallegos, LIII, N.º 119, xaneiro-decembro (2006), pp. 87-129. [Baixar en PDF]
O artigo é unha paciente exploración do rico e sorprendente contorno cultural dos Chaos de Amoeiro, en Ourense. E os posts que están máis abaixo deste non se poderían entender sen ese artigo, que seguimos como unha biblia polas aldeas de Amoeiro. Case todas as fotos deles son de Sole, e hai algunha miña. E quería compartir a experiencia contigo. Desde aquí, o meu agradecemento aos autores do artigo.








6 respostas
Gracias a ti, se tomarán las molestias de ir arreglando esa zona, totalmente abandonada.
Algo más que agradecerte.
Excelente… excelente… que fermosas pedras. Noraboa Manuel. Canto misterio para facer unha novela… quén se atreverá??
Acabo de caer por casualidade neste blog e , sendo a miña familia natural da contorna e eu mesmo habitante da mesma moitos fins de semana , veráns e festas de gardar teño que decir que o feito de que estén señalizados esos petroglifos débese a un proxecto do concello que xa fai máis dun ano que está aprobado pero que inda se está poñendo en marcha agora ( tarde, mal e nunca ).
Iso si coincido en que toda a riqueza monumental e arqueolóxica deste concello de Amoeiro está moi abandonada ( a ver se a cousa cambia ).
Nuestra arqueología no ha considerado suficientemente las coviñas, y lo mismo ocurrió en toda Europa con las existentes en menhires y dólmenes.
Ahora esta cuestión de las coviñas, cazoletas, o coup-marks… tiene gran importancia en el trabajo sobre megalitismo .
Por tanto, una buena noticia en tu blogg.
No sabía que ” a maior parte das pedras dese solitario lugar están cheas de cazoletas, que están por todas partes. Concentradas. Unidas entre si. Formando grupos ou misteriosamente ailladas”.
Coincido contigo, Galovart. O curioso é que, efectivamente, as cazoliñas son un fenómeno importante no megalitismo, pero perduran e se atopan con frecuencia en contextos castrexos!
Outra cousa é saber que demo representan. Ninguén o ten claro ao 100% a día de hoxe.
No caso do Chan da Ferradura, rara é a pedra na que busques na que non atopes, cando menos, unha. E o cumio do veciño Coto do Castro está plagado delas.
Claro que las coviñas se encuentran muchas veces en espacios donde hay restos castrexos; las hay en el Tecla, en Donón, en Amoeiro….lo que indica un uso mas antiguo de esos lugares.
En el lugar de Amoeiro donde está la Pedra das Ferraduras, son muy sugerentes sus afloramientos graníticos. Yo creo que a los hombres megalíticos les gustaban las rocas y sus formas; pero solo cuando en ellas provocaron coviñas podemos certificar tal afición.
La pegunta es por qué su extensión generalizada en la Europa megalítica; por qué este minimalismo iconoclsta; por qué en algunos sitios como Galicia y las islas británicas también aparecen asociadas a formas circulares.
No creo sin embargo que en época castrexa se hicieran coviñas simples ó standard. Ni grandes cóncavos como el de Laxe das Rodas con canal de desagüe. Hay sim embargo hoyos alargados como los de Amoeiro o Monte Ferro, muy posiblemente del Hierro.Una continuidad en el uso de los espacios ; una continuidad en la realización de hoyos en el granito.
Coméntanos algo