
Son unha colección de excelentes fotografías e slideshows con audio tomados por alumnos en proxectos de campo levados a cabo en diferentes universidades norteamericanas, e premiados no 62nd College Photographer of the Year. Moitos deles teñen unha poderosa ollada social. O da foto superior gañou a medalla de ouro no concurso: chámase Hustle and Grind, e é unha poderosísima historia sobre un estudio de gravación de barrio, no que se concentran mozos para os que o hip hop é algo máis que unha afección, fotografada por Jeff Giraldo.

Smoky Mountain Stories contén ensaios fotográficos que retratan a nivel humano un núcleo de historias centradas nun condado montañoso do centro do estado de Carolina do Norte. Costumismo, políticos, infancia, granxeiros, moitas historias humanas. Tamén paga a pena perderse por el.

Fantástico documento.
Moi certo o de que “paga a pena perdese en el”
Sígueme dando tanto a cambio de nada
Apertas
Chegoume ao corazón pois en Waynesville ten o restaurante o tío Pepe, un galego de Arbo que leva máis de trinta anos nos USA.
http://eueoseeuu.blogspot.com/2006/05/nas-montanhas.html