Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Tres viños tintos galegos superan por primeira vez os 90 puntos Parker

6 / March/ 2008 10 comentarios

É unha noticia importantísima para os nosos viños tintos, sempre tan denostados por moitos. Son dous Ribeiras Sacras (El Pecado 2005 e Algueira 2005) e un Monterrei (A Trabe 2005). Do Algueira xa temos falado aquí moito (o outro día, no Fórum, tiven a oportunidade de que Fernando me amosara o seu novo branco plurivarietal, chamado Brandán, e é unha auténtica pasada). El Pecado e A Trabe obtiveron, respectivamente, 98 e 97 puntos, que é unha animalada, no boletín The Wine Advocate que edita o gurú Robert Parker. É incríbel, pero esas dúas cifras poden revolucionar o panorama vinícola desas dúas denominacións.

10 comentarios »

  • Realmente si Parker los anuncia, su éxito está garantizado.
    También me sorprende el resultado.
    Nunca valoré mucho el vino tinto gallego, mientras que los blancos son muy buenos.
    Habrá que probarlos para poder opinar.

  • viticologo says:

    Esta semana comentaba no artigo de A Nosa Terra e xa anteriormente noutros post que polo que se “cocinaba´´ nalgunhas adegas roxas galegas e polo escoitado, visto, ulido e gustado no Forum pois que o olimpo vitivinícola estaba máis preto para os tintos galegos, pero non pensaba que a cercania estuvera á volta da esquiña.

  • magago says:

    Sen dúbida, o tema da puntuación pode ser un enorme subidón para esas denominacións, seguindo o caso similar que pasou co Pri0rat ou a mesma Ribera del Duero, coa primeira e mítica crítica de Robert Parker ao Tinto Pesquera do 82. Os tempos, por suposto, cambiaron, e Parker se diversificou e reparte moitos 90, pero supón un enorme aumento do crédito.

    Non sei en que medida a puntuación procede máis de Parker (ata agora con gustos ben definidos) ou de Jay Miller, o seu desbrozador/colaborador para España, que puido botar máis o ollo cara estes señores atlánticos.

  • Resulta lamentable o descoñecemento que existe en Galicia sobre os nosos tintos. Semella que para moitos o tempo se detivo nunha cunca de barrantes, pero os tres mencionados por Parker non son os únicos tintos galegos dignos de mención, así que despois destes poden vir outros, coma o Cuvee Caco ou Lalama, por poñer so dous exemplos. Claro que son viños que non se atopan en calquera supermercado, así que non é mala idea mercar a Guía da asociación de sumilleres Gallaecia (Edicións Xerais) para saber por onde moverse. Agardemos que este ano teñamos Guía nova, que a última publicada corresponde aos anos 2006-2007. Lembrade que a Guía está sometida a un copyrigth e protexida pola lei que prohibe a reproducción, plaxio, etc., etc.

  • viticologo says:

    Ainda que me esqueza ou non me lembre non se me ocurre o que reproducir e muito menos o que plaxiar dunha guia, e muito menos como a citada, máis si sobre o contido de muitos blogs, eles tamén teñen- temos copyright e protección da lei?

  • magago says:

    Viticólogo, calquera creación intelectual por defecto está protexida pola Lei de propiedade intelectual. É dicir, calquera texto orixinal que escribas no teu blog ten, por defecto, todos os dereitos reservados. Outra cousa é que ti cedas algúns dos teus dereitos a posteriori. Por exemplo, Capítulo 0 é copiable sen pedirme permiso sempre que se mencione a autoría orixinal do texto e se faga sen ánimo de lucro econónomico, xa que teño o meu contido baixo unha licenza Creative Commons 2.5.

    Supoño que Miguel Vila se referirá a outra cuestión, non a ti en concreto, xa que esa guía -ao igual que calquer outro contido intelectual-, está sometido á Lei de propiedade intelectual que rixe na nosa xurisdicción. Pola miña parte, considero a cita como unha norma de estilo e, como é propio polo meu ámbito profesional, coñezo, aplico, discuto e ensino sobre a Lei da Propiedade Intelectual española e non só ela, senón as doutras lexislacións, as implicacións europeas e a súa relación con outras leis do noso marco xurídico, como a Lei da Propiedade Industrial ou a de Protección de datos.

  • viticologo says:

    Non me sentia aludido é simplemente que non me imaxino o que poder reproducir dunha guia de viños a non ser a puntuación, os lacres, os racimos … ou a persoal valoración de cada unha delas, cecais a dirección e as marcas de viños que por outra parte tamén aparecen na web.

  • Viticólogo, todo é copiable. Basta copiar e pegar, como desgraciadamente fan en moitos blogs (non te des por aludido, que non vai por aí a cousa). Se eu quero quedar como un gran enterado no mundo dos viños non teño máis que copiar as fichas de cata desta guía, ou de calquera outra, e sempre vai haber unha chea de lectores que pense que son a ostia. Distinto é, como di Gago, citar o traballo dos demáis indicando a súa procedencia.
    E o mesmo que cos textos pasa coas fotos. A min non me custa nada citar a autoría allea de textos e fotos que enriquecen o meu traballo, pero parece que hai quen pensa que polo feito de estar publicados son de uso libre. Non sei porque todos recoñecemos a propiedade dun coche aparacado na vía pública e unha boa parte do país se nega a recoñecer a propiedade intelectual.

  • xanxan says:

    http://www.verema.com/comunidad/foro/mensaje.asp?mensaje=168567

    aqui hai un elace que leva a unha folla excel con todas as puntuacions parker, o que me sorprendeu bastante e que o algueira apareza con 90 puntos, outras paxinas certifican esta puntuacion, a ver si aclaro o erro para consignar de quen é,

  • magago says:

    Grazas, Xanxan, valiosa folla de cálculo!

    Efectivamente, o Algueira ten unha puntuación moito maior, de 95.

    Estamos conversando sobre o tema noutro post. Pasa por alí se queres:

    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/03/11/buscando-o-superparker-galego-confusion-de-marcas/

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.