Restaurante Acio: boas vibracións para comezar a aventura

4 Marzo, 2008

O Restaurante Acio (Galeras, 28, 981577003, Santiago de Compostela) abriu hai un mes onde antes estaba o Meia Pataca, e xa vai configurando o que comeza a ser un interesante polo gastronómico compostelano, arredor de Casa Marcelo, na rúa Hortas, El Mercadito, tamén en Galeras, e este novo proxecto, con a penas un mes de vida de Yago Castrillón e a súa compañeira Eva (non sei o apelido). Yago é o cociñeiro e Eva é a sumiller, e os dous son moi noviños. Este equipo acaba de empezar, e debeu entrar practicamente cunha man diante e outra detrás no antigo Meia: o local aínda conserva toda a súa decoración pseudoenxebre (horrendas parras de plástico incluídas), pero xa se comezan a apreciar signos de cambio, no discreto toque íntimo das sete mesas do comedor aberto, nas veliñas e, obviamente, na carta, tanto a de xantar como a de viños. No caso desta última, que algo cambiou xa se distingue a primeira vista: é a proposta de Eva. Aínda están solucionando problemas de stock, pero é unha carta moi nova, moi diferente á doutros fogóns compostelanos. Nela xa se atopa a personalidade da sumiller: viños máis coñecidos xunto con curiosidades, rarezas e a presenza de denominacións que un só pensaba que existían nas revistas especializadas. A sumiller comentounos que aínda están nos inicios do que queren facer, pero debuxa moi ben.

A carta de xantar é moi, moi pequena. Dous entrantes, dous ou tres peixes, dúas ou tres carnes e un par de postres. Se cadra, aínda queiran traballar con produtos do día e cun stock asumible que non lles faga entrar en demasiados gastos, pero véselle ben por onde queren tirar. Cociña de mercado, de liña actual. Tras un entrante da casa de carpaccio de polbo (braseado), comezamos cun excelente micuit de pato -do mellor da noite- , e seguimos cun polo con castañas e un año ben resolto. En xeral, cociña correcta aínda que con lóxicos puntos desacompasados (lóxicos porque o local está a comezar), coma o exceso de sal en todos os pratos, ou ese menú tan escaso que dificulta a elección a algúns clientes. De postre, un coulant para compartir, non moi ben resolto, e que non parece a mellor oferta tendo en conta que a poucos metros, en El Mercadito, se fai o mellor deste tipo en Santiago. Cun Martúe, a cousa sae en 72 euros por dúas persoas: se cadra un prezo un chisco alto para o que polo de agora se ofrece no Acio.

En xeral, o Acio deume boas vibracións: creo nos proxectos da xente que comeza desde cero, se lia a manta á cabeza, se mete tras unha barra ou un fogón, e a currar. Con todo, ou precisamente por iso, gustaríame que as cartas tiveran algo máis de risco, que me demostrasen que é posíbel levar a valentía á mesa, superar certa carta case de escola, e me ofrezan unha boa relación calidade-prezo. Estou convencido que de que lles irá ben a estes rapaces que inician unha aventura gastronómica en Compostela: quédalles traballo, pero ao vérmonos a preocupación de Yago Castrillón por saber como se recibían os seus platos, soubemos que a evolución será moi positiva. Sorte!

Grazas, Lorena!

{ 6 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Miguel Vila (Colineta) 5 Marzo 2008 at 6:22 pm

Eva leva unha boa escola, xa que estivo en Casa Marcelo.
A este paso a zona vaise converter nun dos eixos gastronómicos de Compostela, xa que un pouco máis adiante, preto do antigo Hospital Xeral, vai abrir Pedro Roca. Agarda que sexa no mes de xuño, inda que metidos a obrar nunca se sabe.

2 pfgarea 15 Marzo 2008 at 11:50 am

aquí o compañeiro Iago hai dar que dicir, a casualidade deixounos ver días antes de comezar, que aquí un vive lonxe, e lonxe tamén van os días de formación aló en Foz, seguro que lle irá moi ben, e aver se lle gustan os ovos que lle fixen mandar por miña nai, xa o chamarei…

3 alius 25 Marzo 2008 at 5:27 pm

ha sido un gran esfurezo, pero al final lo habeis conseguido chicos! Gracias Eva y Iago por la cena que nos ofrecisteis, inolvidable.
Seguid asi campeones!!!

4 pepinho 4 Abril 2008 at 5:49 pm

Noraboa rapaces foi todo un acerto a nosa cea no voso local, sorte e que saibades que estades entre o mellor desta cidade,moito melhor que o local que esta o voso carón , parabéns.

5 faragullo 4 Xullo 2008 at 1:08 am

Hai uns días pasei polo Acio e a verdade é que me sorprendeu moi positivamente, por iso busquei en deus google. Teño que dicir que non comparto algúns temas con M. Gago , como o do sal (non sei se é que evolucionou desde entón ou é cousa miña) pero coíncido con el no das boas vibracións. O asunto da carta, segundo comentarios do cociñeiro, ben probocado polo menú do día (parece que apostando por unha boa relación calidade-prezo), que dá moito choio para só dúas persoas.
En fin que o prato de cochinillo daba xenio velo e comelo e os chocos…

6 ANTONIO 6 Agosto 2008 at 10:38 pm

Se ha estado hablando mucho estos dias de la Sardina de San Juan de Iago Castrillon, pero a mi me gustaria hablar de la cocina que hace Iago en Acio. Es mucho mas que la sardina, aunque ella puede sintetizar la linea que adopta el cocinero, sencillez, nobleza en los productos y cocciones impecables.
Iago no enmascara sabores, los potencia, auna productos clasicos con elaboraciones y acabados a la ultima, hace uso de la tecnica sin limitarse unicamente a ella.
He estado hace poco comiendo en su casa y me parece que su menu degustacion ( donde incluye la sardina) es un claro ejemplo de que para comer bien en santiago no es necesario pagar cantidades astronomicas. Magnifica relacion calidad precio.
Iago y Eva estan empezando, pero creo que es todo un acierto en una ciudad como santiago, mantenerse firme a los principios de uno mismo.

El local lo estan acondicionando aun, poco a poco, pero sin duda es un sitio en el que se esta a gusto. El servicio perfecto, la carta de vinos de las mejores de Santiago. Sin duda Acio merece una visista.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>