As plantas evolucionan rapidamente en contextos urbanos

4 Marzo, 2008

crepis.jpg

Unha destas noticias sorprendentes que te atopas no fluxo inxente de blogs. Uns científicos do francés Centre National de la Recherche Scientifique acaban de publicar un paper sobre Rapid evolution of seed dispersal in an urban environment in the weed Crepis sancta. A hipótese que manteñen é que a herba Crepis Sancta evolucionou xeneticamente, para adaptarse ao contorno urbano, en só 12 anos (entre 5 e 12 xeneracións). O motivo é sorprendente e chamativo: a C. Sancta empregaba un patrón mixto para a dispersión das súas sementes, no que maioritariamente usaba a clásica dispersión volátil: sementes capaces de ser levadas e diseminadas polo vento ben lonxe, pero tamén era quen de producir outras que caían nas proximidades da planta reprodutora. E aquí vén o fascinante do asunto.

Segundo o estudo que realizaron en Montpellier os investigadores, a C. Sancta, en moi poucas xeracións, en só 12 anos, invertiu a súa técnica reprodutora e comezou a producir, maioritariamente, semente que caía ao redor da planta nai. ¿Por que? Nun contexto urbano de cemento e asfalto, tiñan menos posibilidade de éxito as sementes volátiles (que caían en zonas indeterminadas de asfalto) que as grávidas, que tiñan a oportunidade de medrar no espazo -unha fenda ou fisga- descuberto pola súa ascendente. Para os investigadores, “este estudo amosa que un alto costo da dispersión provoca unha evolución rápida cara unha dispersión máis reducida“.

Vía io9

.

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 paideleo 03.04.08 at 11:32 pm

Esa pranta non é o mexacán ?.

2 magago 03.04.08 at 11:34 pm

Non lle sei o nome, pero si que a teño visto moito en Galicia. O que non sei é se temos a evolucionada ou a anterior. :-)

3 eula 03.05.08 at 8:56 pm

Non e nada novo a selección de fenotipos favorabels ós medios urbanos, e mesmo poderiamos falar dalgo deso nao Homo sapiens. O sorprendente é a rapidez da evolución nestes procesos, que pode ser explicada pola influencia directa que ten na reproducción (e polo tanto na fitness) e pola teoría do reclutamento (cerca da nai hai mais posibilidades de topar sementes).
Habería que valorar o modelo xenético que usaron, mais eu penso que ten mais que ver coa plasticidade do comportamento reproductivo da planta que con cambios no xenotipo.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>