

O hotel Yamaiti en Yamagata. Máis en Kobayashi
No Xapón, existe todo un furor arredor do movemento Haikyo, os buscadores de ruínas. Son fotógrafos afeccionados que localizan e documentan as ruínas modernas dispersas por todo o país. O termo Haikyo, durante bastante tempo, en realidade, referíase aos restos dos ataques aéreos norteamericanos durante a Segunda Guerra Mundial. Hoxe é máis común. Son centos de afeccionados a esta afección da fotografía de escombros.
O gran lugar para entrenarse e baterse coa fotografía de ruínas para os xaponeses é un lugar alucinante: a illa Gunkanjima, ou illa Acorazado, situada preto de Nagasaki.

Gunkajima debe ser un lugar alucinante: unha mina de carbón que comezou a explotar Mitsubishi en 1890 e na que se foi edificando apreixados bloques de cemento para albergar á poboación mineira. No ano 1959, esta diminuta illa acadou a maior densidade de poboación humana que existiu nunca no planeta, 3460 habitantes por quilómetro cadrado. Tivo que ser unha auténtica tolemia ata a súa evacuación nos anos 70. Para facernos unha idea, Vigo tiña en 2006 677 habitantes por quilómetro cadrado. Hoxe, as ruínas de Gunkajima permanecen como un paraíso (de acceso prohibido) aos afeccionados xaponeses, e son coma un espectro nos mares do Xapón. Aquí vai un documental sobre as impresionantes ruínas:
vía Tokyographics

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }
xenial!!
noraboa polo blogue, que cada semana que o deixo de ler sorpréndeme con cantidade inxente de información nova!
Grazas, Raquel!
Iso leva á conclusión de que te tes que pasar todas as semanas!
Deixa un comentario