Dous libros básicos para introducirse na fotografía

3 Febreiro, 2008

blume_foto.jpg

Composición
e Iluminación son dous magníficos manuais que o fotógrafo David Präkel editou en Blume para introducir aos afeccionados nos aspectos básicos da fotografía. Redactado con múltiples exemplos asumíbeis e doados de repetir na casa, e nunha linguaxe accesíbel para os afeccionados, os dous libros explican as técnicas básicas dun ámbito tan difícil como a iluminación e axudan a educar o ollo á hora de comprender a composición e a distribución de información nunha imaxe. Para disfrutalos ben, o mellor é que dispoñas dunha cámara reflex que che permita tirarlle o máximo partido aos exemplos.

.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>