Ferrán Adriá participará no I Encontro de Blogs Enogastronómicos do Fórum de Santiago

ferran_adria_2.jpg

Pois, si, teremos a Ferrán Adriá connosco no I Encontro de Blogs Enogastronómicos do Fórum de Santiago o luns 18 de febreiro. Ferrán falará ás 17:30, no Diálogo sobre as relacións entre blogs e crítica tradicional, xunto con Carlos Maribona, xornalista, autor e director do blog Salsa de Chiles; Rafael Anson, Presidente da Academia Española de Gastronomía e Pau Arenós, crítico gastronómico de El Periódico. Así que o programa queda así, aínda que tamén haberá algún pequeno cambio máis:

Luns, 18 de febreiro

  • 16 h a 17.15 h, Ateneo
    1ª sesión de traballo, presentada e guiada por Manuel Gago, director de culturagalega.org e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Esta conferencia busca mostrar e analizar as últimas tendencias na Internet gastronómica e o blogging.
  • 17.30 h a 18.15 h, Auditorio Compostela
    Diálogo onde se representarán dous xeitos ben diferenciados de entender tanto a publicación como a recepción de crónicas enogastronómicas. Participantes: Ferrán Adriá, cociñeiro; Carlos Maribona, xornalista, autor e director do blog Salsa de Chiles; Rafael Anson, secretario Xeral de FUNDES. Presidente da Academia Española de Gastronomía; Pau Arenós, crítico gastronómico de El Periódico, condución: Pep Palau.
  • 18.45 h a 20 h, Ateneo
    2ª sesión de traballo, presentada e guiada por Irene García Medina, profesora e investigadora do GRID (Grupo de Investigación en Interaccións Dixitais da Facultade de Empresa e Comunicación da Universidade de Vic). Irene García explorará novas fronteiras onde se cruzan o dixital e a gastronomía.

Lembro que a inscrición é gratuíta no web do Fórum e está destinada a blogs de contido enogastronómico (aínda que non é preciso que só teñan contidos dese tipo). Os blogs inscritos disfrutarán dun pase de prensa para todos os días e eventos do Fórum.

3 Comments

  1. 29 / Xaneiro/ 2008

    Alegrome da presencia de Ferran Adriá e ainda gustaríame mais que puidese falar do seu traballo , e apoio económico, a fundación Alicia, dedicada o estudio da tecnoloxia alimentaria.
    E todo un honor que homes coma el, dediquen parte dos seus beneficios a buscar avances novos no campo da gastronomía.
    PD. Estou tratando de aprender galego, por tanto disculpas polos erros que seguro que cometo.

  2. 30 / Xaneiro/ 2008

    Parabéns pola lingua, Elena, e non dubides en seguir usando este blog como campo de probas! :-)

  3. 30 / Xaneiro/ 2008

    Me encanta que venga Adriá. Al menos, parece que los medios le empiezan a dar más aire al Forum.
    Espero que no se centren sólo en él. Seguro que todos los demás participantes tienen cosas interesantes que contar.

    Buen fichaje, sisisii. Gracias Sr. Adriá por venir a varar a Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará